Mesquita de Omar Ali Saifuddien
Aparencia
Mesquita de Omar Ali Saifuddien | |
---|---|
Mesquita de Omar Ali Saifuddien | |
Datos xerais | |
País | Brunei |
Tipo | Mesquita |
Localización | Bandar Seri Begawan |
Coordenadas | 4°53′22″N 114°56′21″L / 4.889578, 114.939136 |
Culto | |
Culto | Islam |
Arquitectura | |
Estilo | Islámico |
[ editar datos en Wikidata ] |
A mesquita de Omar Ali Saifuddien é unha mesquita islámica en Bandar Seri Begawan, a capital de Brunei. A miúdo é considerada como unha das mesquitas máis fermosas do Pacífico asiático. É un templo de adoración da comunidade musulmá, así como un lugar histórico e unha famosa atracción turística de Brunei. Recibe o seu nome por Omar Ali Saifuddien III, o 28º sultán de Brunei, quen comezou a súa construción. A mesquita é un símbolo da fe islámica en Brunei e salienta no skyline de Bandar Seri Begawan. O edificio foi rematado en 1958 e é un exemplo de arquitectura islámica moderna.
A mesquita mestura os estilos de arquitectura mughal e malaia e foi deseñada polo arquitecto Rudolfo Nolli.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Mosque in the Capital" (en inglés). 5 de maio de 2007. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mesquita de Omar Ali Saifuddien |