Saltar ao contido

Mieres, Xirona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMieres, Xirona
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°07′28″N 2°38′24″L / 42.1244, 2.6401
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Xirona
ComarcaGarrotxa Editar o valor en Wikidata
CapitalMieres (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación353 (2023) Editar o valor en Wikidata (13,42 hab./km²)
Número de fogares36 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie26,3 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRiu Tort (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude286 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataNúria Martinez (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17830 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17105 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT171058 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmieres.cat Editar o valor en Wikidata

Mieres é un concello da comarca da Garrotxa, na provincia de Xirona. En 2006 contaba con 331 habitantes, distribuídos nunha área de 26,29 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Forma parte do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Está situada ao norte da serra de Finestres, a uns 286 m de altitude. Régaa o río Tort, afluente do Ser pola dereita, xunto coa riera de Mieres. Na flora destacan os piñeirais de piñeiro branco, carballeiras e aciñeirais.

A agricultura é de secaño, con viñas e oliveirais. Na gandería destaca o bovino.

Entidades do concello

[editar | editar a fonte]

Mieres está documentada desde o ano 834. Viuse mergullada en 1484 na segunda Guerra dos Remensas, dirixida por Pere Joan Sala, cando os campesiños se negaron a pagar os tributos excesivos reclamados polos seus señores.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O municipio alcanzou o seu máximo de poboación a mediados do século XIX (1.511 habitantes en 1857) e aínda nas primeiras décadas do século XX superaba o millar de habitantes. A partir da década de 1940 comezou a perder poboación continuamente, aínda que os dous últimos decenios están marcados pola estabilidade.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Sant Pere, barroca.
  • Igrexa de Santa María de Freixa, románica.
  • Igrexa de Ruïtlles, románica.
  • Feira do intercambio - Anualmente, o segundo domingo de novembro.
  • Procesión das Dores - ë tamén anual, no domingo anterior ao de Ramos, durante a Semana Santa, recreando a Paixón de Cristo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]