Saltar ao contido

Miraz, Xermade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miraz
Paisaxe no Souto.
ConcelloXermade[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°22′44″N 7°58′20″O / 43.3787995, -7.9723078
Poboación61 hab. (2011)
Entidades de poboación9[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Miraz é unha parroquia pertencente ó concello lugués de Xermade. Delimita coas parroquias de Piñeiro, Momán, Xermade e Cabreiros, facendo límite provincial coa parroquia do Parral, no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez. En 2011 a poboación total da parroquia ascendía a 61 habitantes (29 homes e 32 mulleres) distribuídos en 9 núcleos de poboación, o que supón unha diminución en relación a 1991 cando tiña 107 habitantes.

Na parroquia pódense encontrar numerosos vestixios prehistóricos, coma no resto do concello ó que pertence. Destaca na igrexa da parroquia un retablo salomónico.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Miraz

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Miraz no concello de Xermade (Lugo)

A Casa Grande | O Castiñeiro | Os Currás | A Igrexa | Os Miraces | A Pena | O Sagramón | O Souto | A Vesura

Parroquias de Xermade

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Xermade

Burgás (Santa Baia) | Cabreiros (Santa Mariña) | Candamil (San Miguel) | Cazás (San Xulián) | Lousada (Santo André) | Miraz (San Pedro) | Momán (San Mamede) | Piñeiro (San Martiño) | Roupar (San Pedro Fiz) | Xermade (Santa María)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]