Saltar ao contido

Morfante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Chámase morfante (morphant) a un organismo que foi tratado cun oligo antisentido Morpholino para realizar un knock-down temporal da expresión dun xene diana.

Este termo foi acuñado polo profesor Steve Ekker[1] para describir os peixes cebra cos cales estaba experimentando, sometidos a un knock down da expresión de xenes embrionais usando Morpholinos. En ditos experimentos S. Ekker "fenocopiou" mutacións coñecidas do peixe cebra, é dicir, fixo crecer embrións que tiñan o mesmo fenotipo morfolóxico que peixes cebra embrionarios con mutacións xénicas específicas. Os artigos do profesor Ekker[2] e as presentacións que describían as fenocopias morfantes dos fenotipos mutantes, en combinación cos traballos previos da profesora Janet Heasman[3] con Morpholinos en embrións de Xenopus, levaron a unha rápida adopción da tecnoloxía dos Morpholinos na comunidade científica da bioloxía do desenvolvemento.

  1. Ekker SC (decembro de 2000). "Morphants: a new systematic vertebrate functional genomics approach". Yeast 17 (4): 302–306. PMC 2448384. PMID 11119307. doi:10.1002/1097-0061(200012)17:4<302::AID-YEA53>3.0.CO;2-#. 
  2. Nasevicius A, Ekker SC (outubro de 2000). "Effective targeted gene 'knockdown' in zebrafish". Nat. Genet. 26 (2): 216–20. PMID 11017081. doi:10.1038/79951. 
  3. Heasman J, Kofron M, Wylie C (xuño de 2000). "Beta-catenin signaling activity dissected in the early Xenopus embryo: a novel antisense approach". Dev. Biol. 222 (1): 124–34. PMID 10885751. doi:10.1006/dbio.2000.9720. 



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.