Saltar ao contido

Mortal Kombat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mortal Kombat 2014

Mortal Kombat (xeralmente abreviado MK) é unha exitosa serie de videoxogos de loitas 1 vs 1 desenvolvido pola empresa Midway Games. Seus creadores son John Tobias e Ed Boon. No seu momento atraeu moita atención polo contido sanguento e os seus gráficos dixitalizados, cada loitador, de feito, era un actor humano recapturando seus movementos e incorporado no xogo (este estilo gráfico terminou en Mortal Kombat 4). Mortal Kombat inaugurou o grupo de videoxogos con elementos gore (sangue continuo na pantalla) e violencia continua.

Algúns movementos para rematar ós rivais vencidos inclúen brutais, decapitacións, queimaduras, explosións etc. chamados no propio xogo, "Fatality". As personaxes son xa iconas da cultura do videoxogo, e fixéronse bandas deseñadas, series de televisión e filmes deles.

Cabe destacar a significativa evolución do sistema de combate dende Mortal Kombat Trilogy, que realiza movementos e golpes pero sen distinguir a técnica de combate do loitador (agás os mencionados fatalities); isto terminou coa aparición de Mortal Kombat: Deadly Alliance.

A serie aínda continúa viva nas novas xeracións de consolas de mesa.

A seguinte lista expón os xogos da saga Mortal Kombat, en orde cronolóxica:

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista de personaxes da serie de videoxogos de pelexa Mortal Kombat, ordenada alfabéticamente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]