Murad Kajlayev
Murad Magomedovich Kajlayev, nado en Bakú o 15 de xaneiro de 1931, é un compositor e director de orquestra ruso de nacionalidade lak.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun recoñecido médico, durante a guerra deu concertos para os feridos con outros compañeiros do instituto [1] Estudou composición na Conservatorio de Bakú con Boris Isaakovich Zeydman, aínda que foi expulsado polo seu ardor polos xéneros musicais non académicos axiña volveu ser admitido. Traballou como profesor nun conservatorio de Makhachkala e como director principal da orquestra sinfónica da radio do Daguestán (1957-1958), director artístico da Filharmonía do Dagestan (1963-1964), e secretario da Unión de Compositores da RSSFR (1968). Entre 1990 e 2000 dirixiu unha orquestra sinfónica Y.V.Silantiev e de 1993 a 1996 foi deputado na Duma Estatal.
Murad Kajlayev é o autor do primeiro balet nacional do Dagestán- “Goryanka” (A rapaza da montaña), do balet “Shamil”, de musicais e de música para filmes e espectáculos teatrais e mais tamén cancións, traballando co poeta Rasul Gamzatov. No ano 2010 fundou no Daguestán unha escola de música para nenos e en 2011 creou, na súa escola, o único múseo dedicado á cultura musical do Daguestán.