Saltar ao contido

Muralla de Hadrián

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMuralla de Hadrián
(la) Vallum Aelium Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipositio arqueolóxico romano Editar o valor en Wikidata
EpónimoHadriano Editar o valor en Wikidata
Parte deLimes Britannicus (en) Traducir
fronteiras do Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaNorthumberland, Reino Unido e Cumbria, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°01′27″N 2°17′33″O / 55.0242, -2.2925
Composto por
Características
Dimensiónsmínimo: 3,5 (altura) × 1,8 (ancho) m
máximo: 6 (altura) × 6 (ancho) m
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2005, 2008 Editar o valor en Wikidata
Identificador430-001
Historia
Data de creación ou fundación122 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2005, 2008 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata
Actividade
CreadorHadriano Editar o valor en Wikidata
OperadorEnglish Heritage (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webenglish-heritage.org.uk… Editar o valor en Wikidata
Twitter: ehhadrianswall Editar o valor en Wikidata

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]