Nacho Carretero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (42/43 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, Escrita creativa e profesional, Reportaxe e literatura de non ficción |
Ocupación | xornalista, produtor, escritor, xornalista de televisión |
Empregador | El País |
Obra | |
Obras destacables
| |
Nacho Carretero Pou, nado na Coruña en 1981, é un xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a traballar en redaccións de varios medios e despois pasou a ser freelance para medios como JotDown[1], XL Semanal, Gatopardo ou El Mundo. Realizou reportaxes sobre o narcotráfico en Galicia, o xenocidio de Ruanda, o virus Ebola en África, a guerra de Siria, a Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia[2] ou o Deportivo da Coruña.
Do seu libro sobre o narcotráfico en Galicia, Fariña (2015), fíxose unha serie de televisión co mesmo nome (Fariña) estreada en Antena 3 o 28 de febreiro de 2018,[3] unha semana despois de que o libro sufrira un secuestro cautelar por orde da xuíza de Collado Villalba Alejandra Pontana, logo de que o exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciase o autor por suposta vulneración do seu dereito á honra.[4] O libro colocouse no número un de vendas e a serie acadou unha grande audiencia.[5][6]
Obra
[editar | editar a fonte]- Con resultado fatal (2014). Ed. de autor. 47 páxs. ISBN 978-84-617-0959-5.
- Fariña. Historia e indiscreciones del narcotráfico en Galicia (2015).[7] Libros del K.O. Ilustrador Artur Galocha. 358 páxs. ISBN 978-84-16001-46-0.
- Fariña (2018). Xerais. 328 páxs. ISBN 978-84-9121-330-7. Tadución ao galego.
- Farinha (2018). Desassossego. 304 páxs. ISBN. Tradución ao portugués.
- Nos parece mejor (2018). Libros del K.O. 150 páxs. ISBN 978-84-16001-85-9. Sobre a historia do Deportivo da Coruña.[8]
- En el corredor de la muerte (2018)[9]. Espasa. 176 páxs. ISBN 978-84-670-4982-4. Sobre el caso Pablo Ibar.
- Al corredor de la mort (2019). Navona Ed. 144 páxs. ISBN 978-84-17978-29-7. Traducido ao catalán por
- Fariña. La novela gráfica (2019). Ilustrador Luís Bustos. Plan B. 128 páxs. ISBN 978-84-17001-83-4.
- Biografías aún por escribir. ANDRIY KOLOKHOLOV (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-4-9.
- Biografías aún por escribir. CRISTINA VÁZQUEZ (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-5-6.
- Biografías aún por escribir. VANESA VILELA (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-3-2. Con Marc Pallarés.
- Biografías aún por escribir. LUIS MIGUEL MUÑOZ (2021). Paripé Books. 126 páxs. ISBN 978-84-124273-6-3.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artículos escritos por Nacho Carretero, na web de JotDown (en castelán).
- ↑ "Nacho Carretero, sobre los incendios en Galicia", reportaxe en La Sexta, 8 de febreiro de 2018 (en castelán).
- ↑ "Así fue la visita del escritor y periodista Nacho Carretero al rodaje de 'Fariña'", artigo na web de Antena 3.
- ↑ "Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove", artigo en Pontevedra Viva, 21 de febreiro de 2018.
- ↑ "'Fariña' sitúase como libro máis vendido en Amazon tras anunciarse o seu secuestro". 21/02/2018. Consultado o 21/02/2018.
- ↑ "Las cinco claves del éxito de 'Fariña', la serie sobre el narcotráfico gallego que ha conquistado a la audiencia" (Antena 3) (en castelán).
- ↑ Ficha na web da editorial.
- ↑ Ficha na páxina web da editorial.
- ↑ "En el corredor de la muerte". Planeta de Libros (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía do autor na páxina web da editorial Libros del K.O. (en castelán).