Saltar ao contido

Napoli Basket

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GeVi Napoli
Información xeral
Liga LBA
Fundación 2016
Historia Cuore Napoli Basket (2016−2018)
Cores                Branco, azul
Presidente Italia Federico Grassi
Adestrador Croacia Igor Miličić
Patrocinador Generazione Vincente
Localización
Cidade Italia Nápoles, Italia
Pavillón PalaBarbuto
Capacidade 5 500
Inauguración 2003
napolibasket.it

O SS Napoli Basket, actualmente coñecido como GeVi Napoli Basket por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Nápoles, Campania. Fundado en 2016, é o equipo sucesor do desaparecido S.S. Basket Napoli.[1] Após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada 2020−21, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.

Após a desaparición do S.S. Basket Napoli en 2010, o proxecto renaceu seis anos despois da man de Ciro Ruggiero grazas á cesión dos dereitos deportivos do Cilento Basket Agropoli, que permitiron ao recentemente nado equipo napolitano comezar a súa andaina na Serie B na temporada 2016−17. Na mesma tempada, o Napoli Basket consegue o ascenso á Serie A2 tras finalizar primeiro no Grupo C da tempada regular e vencer ao Bergamo Basket na final do play-off. Con todo, ao final da seguinte temporada o equipo regresa á Serie B tras perder nos play-outs ante os Roseto Sharks. Ao final da mesma tempada, a dirección pasa aos empresarios napolitanos Federico Grassi e Francesco Tavassi, mentres que o adestrador Gianluca Lulli é designado para dirixir o equipo. Na Serie B 2018−19 o Napoli Basket pecha a tempada regular no 6º posto do grupo D con 36 puntos, pasando así a disputar os play-offs, onde perde en semifinais ante Pallacanestro Palestrina.

En xuño de 2019 a equipo anuncia que comprou os dereitos deportivos do Legnano Basket Knights, obtendo o dereito a participar na Serie A2 2019−20. A tempada comeza con tres derrotas consecutivas coa consecuente rescisión do técnico Gianluca Lulli e o anuncio da contratación de Stefano "Pino" Sacripanti. O Napoli finaliza a temporada regular en oitava posición, asegurándose un lugar nos play-offs. Porén, estes nunca se chegarán a xogar debido á pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 da Serie A2, o equipo volve clasificarse aos play-offs, conseguindo o obxctivo do ascenso após venceren ao Amici Pallacanestro Udinese na rolda final.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Copa de Italia

  • Campións (1): 2024

Copa da Segunda División de Italia

  • Campións (1): 2021

Copa da Terceira División de Italia

  • Campións (1): 2017
  1. "Ripartiamo dal basket" [Partamos do baloncesto]. Napoli Basket (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]