Saltar ao contido

Newgrange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Newgrange.

Newgrange (en irlandés: Sí an Bhrú[1]) é un monumento prehistórico do condado de Meath, en Irlanda, que se atopa a un quilómetro do río Boyne[2]. Foi construído no período Neolítico arredor do -3000 ou no -2500[3][4], sendo máis antigo que Stonehenge ou as Pirámides exipcias. O sitio está formado por un gran montículo circular cunha pasaxe e cámaras interiores de pedra. O montículo ten un muro de contención na parte dianteira e está rodeado por bordillos gravados. Non existe acordo sobre a finalidade do sitio, pero tense especulado sobre o seu significado relixioso – xa que está aliñado co sol nacente e a súa luz inunda a cámara no solsticio de inverno. É o máis importante monumento do complexo neolítico de Brú na Bóinne, xunto coas tumbas de corredor de Knowth e Dowth, que están declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Newgrange tamén comparte moitas semellanzas con outras construcións neolíticas de Europa occidental, como Maeshowe nas illas Órcadas, en Escocia e Bryn Celli Ddu en Gales.

Entrada
  1. logainm.ie (ed.). ""Sí an Bhrú/Newgrange"". Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  2. O'Kelly, Michael J. (1982). Newgrange: Archaeology, Art and Legend. Londres: Thames and Hudson. pp. 13. 
  3. Grant, Jim; Sam Gorin; Neil Fleming (2008). The archaeology coursebook. Taylor & Francis. p. 159. ISBN 978-0-415-46286-0. 
  4. "Newgrange Megalithic Passage Tomb". knowth.com. Consultado o 5 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]