Saltar ao contido

Nomenclatura das unidades territoriais estatísticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A nomenclatura das unidades territoriais estatísticas, coñecida como NUTS (polas siglas en francés, Nomenclature d'unités territoriales statistiques) é unha forma de clasificación territorial que se utiliza na Unión Europea con fins estatísticos.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foron creadas pola Oficina Europea de Estatística (Eurostat) para dar uniformidade ás estatísticas rexionais europeas e son utilizadas, entre outras cousas, para a redistribución rexional dos fondos estruturais da UE.

Foron aprobadas, pola Lexislación Comunitaria, en 1988, pero non foi até o ano 2003 cando entraron plenamente en funcionamento no regulamento do Parlamento Europeo.

A nomenclatura NUTS ten unha estrutura xerárquica de tres niveis, dos que as rexións NUTS-1 representan a xerarquía maior, e dous niveis de unidades administrativas locais (en inglés LAU) que tamén se chaman NUTS niveis 4 e 5.

Criterios de clasificación

[editar | editar a fonte]

O establecemento das unidades territoriais baséase, en principio, nas unidades administrativas xa existentes en cada un dos Estados membros.

Por unidade territorial enténdese unha rexión xeográfica cunha autoridade administrativa establecida e con competencia institucional e legal no Estado en cuestión. Os niveis de NUTS nos que se divide unha unidade administrativa son dependentes dos límites de poboación que fixa a táboa seguinte:

Nivel Poboación máxima Poboación mínima
NUTS 1 7.000.000 3.000.000
NUTS 2 3.000.000 800.000
NUTS 3 800.000 150.000

Os códigos NUTS comenzan coas dúas letras do código ISO 3166-1, excepto no Reino Unido que utiliza UK no canto de GB. Engádense unha, dúas ou tres cifras para os códigos NUTS de nivel 1, 2 ou 3, respectivamente.

Espérase que a medio prazo cada un dos Estados membros teñan adecuada a súa estrutura administrativa ao modelo proposto pola UE. Nalgúns casos, como o é España, os niveis de NUTS quedaron practicamente igual á organización político-administrativa existente, con tan só unha agrupación de Comunidades Autónomas no NUTS-1. Noutros casos, como en Portugal ou no Reino Unido, tivéronse que modificar profundamente as unidades territoriais clásicas para conformar un mapa máis funcional e equiparábel ao resto dos países membros.

Modelo de división europea por NUTS

[editar | editar a fonte]
NUTS-1
NUTS-2
NUTS-3
Estado NUTS-1 NUTS-2 NUTS-3
EU-27 - 97 - 271 - 1303
Alemaña DE Estados Federados 16 Rexións¹ 41 Distritos 439
Austria AT Grupos de estados* 3 Estados federados 9 Grupos de Distritos* 35
Bélxica BE Rexións 3 Provincias 11 Distritos 43
Bulgaria BG Rexións económicas 2 Rexións de planeamento 6 Provincias 28
República Checa CZ 1 Grupos de Distritos* 8 Distritos 14
Chipre CY 1 1 1
Dinamarca DK 1 1 Distritos 15
Eslovaquia SK 1 Grupos de Distritos* 4 Distritos 8
Eslovenia SI 1 1 Rexións 12
España ES Grupo de Comunidades Autónomas* 7 Comunidades Autónomas 17 Provincias 50
Ceuta e Melilla 2 2
Estonia EE 1 1 Grupos de Distritos* 5
Finlandia FI Finlandia continental 1 Grandes áreas* 4 Rexións 19
Åland 1 1 1
Francia FR Grupos de Rexións* 8 Rexións 22 Departamentos 96
Territorios de Ultramar 1 Departamentos de Ultramar 4 Departamentos de Ultramar 4
Grecia GR Rexións* 4 Periferias 13 Prefecturas 51
Hungría HU Grupos de Rexións* 3 Rexións² 7 Condados + Budapest 20
Irlanda IE 1 Rexións* 2 Grupos de Condados* 8
Italia IT Grupos de rexións* 5 Rexións 20 Provincias 110
Letonia LV 1 1 Grupos de Distritos* 6
Lituania LT 1 1 Distritos 10
Luxemburgo LU 1 1 1
Malta MT 1 1 Illas 2
Países Baixos NL Rexións* 4 Provincias 12 Grupos de municipios* 40
Polonia PL Grupos de Voivodatos* 6 Voivodatos 16 Grupos de Distritos* 45
Portugal PT Portugal Continental 1 Rexións 5 Grupos de Municipios* 30
Azores e Madeira 2 2 2
Reino Unido UK Rexións de Inglaterra 9 Grupos de Condados* 30 Grupos de Distritos* 93
Gales 1 Rexións* 2 Grupos de condados* 12
Escocia 1 Rexións* 4 Grupos de Condados* 23
Irlanda do Norte 1 1 Grupos de Distritos* 5
Romanía RO Macrorrexións 4 Rexións 8 Condados + Bucarest 42
Suecia SE 1 Rexións* 8 Provincias 21
Candidatos - 15 - 31 - 112
Croacia HR 1 Rexións 3 Condados 21
Islandia IS 1 1 2
Macedonia do Norte MK 1 1 8
Turquía TR Rexións 12 Subrexións 26 Provincias 81
EFTA - 3 - 15 - 46
Liechtenstein LI 1 1 1
Noruega NO 1 Rexións 7 Condados 19
Suíza CH 1 Rexións 7 Cantóns 26

(*) Unidade que non corresponde con ningunha división oficial actual no país en cuestión, pero que se acepta con fins estatísticos.

(¹) NUTS-2 en Alemaña = 41 unidades

(²) Desde 1999 aprobadas polo goberno húngaro para axustarse aos criterios europeos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]