Oídio
Oídio[1], é o nome dun fungo do filo dos ascomicetos, do que existen varias especies que poden ser parasitos da vide e outras plantas, sobre as que provocan unha enfermidade que as cobre dunha camada pulverulenta e cinsenta abrancazada de micelio en forma de estrela principalmente na parte axial. Os talos tamén poden verse afectados. Nun ataque forte as follas tórnanse amarelas e despois muchan.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun fungo parasito que fica na membrana pluricelular na monofotosíntese dos organelos das células mortas dunha planta como o é a desinfección dos dióxidos de carbono na familia das erisifáceas (Erysiphales), que ataca as partes aéreas das plantas. O oídio máis coñecido é o da videira, provocado pola especie Uncinula necator, que en Galiza é coñecido vulgarmente cos nomes de cinza ou borralla da vide[2]. O fungo maniféstase inicialmente en plantas illadas pudendo cubrir posteriormente todo o cultivo. As follas baixas son as máis afectadas, pero o oído pode aparecer en calquera parte aérea da planta. A medida que a infección progresa as manchas vanse facendo máis grandes e mestas a medida que se van formando máis espora asexuais. O oídio desenvólvese ben en ambientes con altos niveis de humidade e temperaturas moderadas como é o caso de Galiza. Nun marco agrícola, o patóxeno pode controlarse empregando medios químicos, mellora/resistencia xenética, e labores culturais. Cómpre sempre ter en conta o oído, xa que o rendemento da colleita pode verse diminuído por este fungo.
Reprodución
[editar | editar a fonte]O oídio reprodúcese tanto por vía sexual coma asexual. A reprodución sexual é por vía casmoteca (formalmente cleistoteca), un tipo de ascocarpo. Dentro de cada ascocarpo existen varios ascos. Co tempo, as ascosporas maduran e son ceibadas para iniciar novas infeccións. As condicións necesarias para a maduración de esporas difiren entre as especies.
O oídio nas diferentes plantas
[editar | editar a fonte]Oídio do trigo
[editar | editar a fonte]Blumeria graminis f. sp. tritici, é o fungo que causa o oídio no trigo. O oídio no trigo é relativamente doado de diagnosticar por mor das características manchas abrancazadas e fariñentas que causa o micelio.[3] Estas manchas poden aparecer na epiderme superior ou inferior das follas. A medida que a infección progresa collen unha cor parda clara.[3] Blumeria graminis f. sp. tritici é un parasito que só medra en tecido vivo. Aparece en todas as rexións onde se produce trigo, pero especialmente na costa leste dos Estados Unidos así coma toda a faixa atlántica.
Oídio da vide
[editar | editar a fonte]Erysiphe necator (ou Uncinula necator) causa a borralla, cinza ou oídio da viña, moi común en Galiza.[4]. Pode ocasionar danos atacando todos os órganos verdes da videira. Nas follas nos seus estadios iniciais pode semellarse á infección do mildio, porén as manchas que aparecen acostuman ser sempre máis miúdas e nunca amosan a típica peluxe abrancazada no envés, pola contra si se poden ollar manchiñas pardas.
Oídio das cebolas
[editar | editar a fonte]O fungo que causa o oídio na cebola é a Leveillula taurica (tamén coñecido polo nome do seu anamorfo, Oidiopsis taurica). Tamén infecta a alcachofa.
Oídio en maceiras e pereiras
[editar | editar a fonte]Podosphaera leucotricha é un fungo que causa o oídio en maceiras e pereiras.
Oídio en cabazas e melóns (cucurbitáceas)
[editar | editar a fonte]Podosphaera fusca é o fungo que causa o oídio en curcurbitáceas: cogombros, cabazas (incluíndo os calacús), buchas ou cabaza esponxa, melóns e sandías.
Oídio nas lilas
[editar | editar a fonte]Microsphaera syringae é o fungo que causa o oídio nas lilas (Syringa vulgaris).[5]
Oídio en amorodeiras
[editar | editar a fonte]Podosphaera aphanis é o fungo que causa o oído nas amorodeiras e outras rosáceas coma Geum rivale.
Oídio nas follas das árbores
[editar | editar a fonte]O oídio do carballo é causado polo fungo Microsphaera alphitoides ou Erysiphe alphitoides; é unha infección común nos carballos galegos. Sawadaea tulasnei é un fungo que causa o oído nas follas doutras especies de árbores coma o no pradairo real (Acer platanoides) en América do Norte,[6] ou no pradairo xaponés (Acer palmatum) na Europa atlántica.<ref>Sawadaea tulasnei (Fuckel) Homma 1937 en Encyclopedia of Life</ref>
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para oídio.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
- ↑ 3,0 3,1 Stromburg. (2010). Wheat Powdery mildew. Retrieved from http://www.ppws.vt.edu/stromberg/w_powder_mildew.html Arquivado 07 de maio de 2012 en Wayback Machine..
- ↑ Darriet P, Pons M, Henry R; et al. (2002). "Impact odorants contributing to the fungus type aroma from grape berries contaminated by powdery mildew (Uncinula necator); incidence of enzymatic activities of the yeast Saccharomyces cerevisiae". J. Agric. Food Chem. 50 (11): 3277–82. PMID 12009998. doi:10.1021/jf011527d.
- ↑ "Problem: Powdery Mildew of Lilac (Microsphaera syringae)". 28 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 30 de abril de 2013.
- ↑ Newcombe, G.; Nischwitz, C. (2003). "First Report of Powdery Mildew (Sawadaea bicornis) on Norway Maple (Acer platanoides) in North America". Plant disease: an international journal of applied plant pathology (en English). ISSN 0191-2917. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2019. Consultado o 18 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oídio |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sobre Erysiphe necator (en inglés)
- Oídio e coidado do céspede (en inglés)
- SAFECROP – 5º Workshop Internacional sobre o oídio e o mildio na viticultura (en inglés)
- Tratamentos contra o oídio (en inglés)
- Keepers Nursery - Oídio en pereiras e maceiras Arquivado 20 de marzo de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)