O detective Conan: A pantasma de Baker Street
O detective Conan: A pantasma de Baker Street | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 名探偵コナン ベイカー街の亡霊 |
Director | Kanetsugu Kodama |
Guión | Gosho Aoyama Hirashi Nozawa |
Música | Katsuo Ono B'z |
Estudio | TMS |
Distribuidora | Arait Multimedia (Galicia) |
Estrea | 20 de abril de 2002 31 de xullo de 2013 (TVG) |
Duración | 110 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | O detective Conan: Conta atrás cara ao ceo |
Filme seguinte | O detective Conan: Encrucillada na antiga capital |
Na rede | |
O detective Conan: A pantasma de Baker Street (名探偵コナンベイカー街の亡霊 Beikaa Sutoriito no Bōrei?, literalmente O espectro por Baker Street) é un filme de animación baseado no anime O detective Conan. No Xapón, a estrea deste filme produciuse nos cinemas o 20 de abril do 2002.
En galego, estreouse na TVG o 31 de xullo do 2013.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O novo xogo de realidade virtual trasládanos ao Londres do século XIX. Comezan as aventuras dun grupo de nenos e do noso heroe.
O detective Conan trasládase por vez primeira ao mundo do Londres do século XIX. Nesta ocasión, el e mailos seus amigos fan uso dunha máquina de realidade virtual: o Casulo. O rei da informática, Thomas Schindler, presenta a máquina nunha festa na que cincuenta cativos ricos e famosos, son convidados a probala. Mais ninguén é consciente de que se os nenos non pasan o xogo este terminará coas súas vidas.
Unha vez que comeza o xogo, os Casulos trasladan os nenos aos distintos mundos virtuais. Por causa dos obstáculos preprogramados, os nenos arriscan a súa existencia neste xogo a vida ou morte. Aventuras nesta cidade histórica envolta na néboa por puntos de referencia tan coñecidos coma o Big Ben, White Chapel ou a Casa da Ópera e acompañada por personaxes coma Sherlock Holmes, o profesor Moriarty ou o infame Jack o Destripador.
O único xeito de volver ao mundo real é que quede, polo menos, un supervivente. Todas as esperanzas están postas en Conan para fuxir deste mundo terrible e misterioso. Cal será o seu fado?
Dobraxe
[editar | editar a fonte]- Estudio: SODINOR S.A.
- Data: 2013.
- Dirección: Alfonso Valiño e Matías Brea.
- Tradución: María Alonso Seisdedos.
- Elenco da dobraxe:
Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal |
---|---|---|
Conan Edogawa | Teresa Santamaría | Minami Takayama |
Shinichi Kudo | Gaspar Somoza | Kappei Yamaguchi |
Ran Mouri | Isabel Vallejo | Wakana Yamazaki |
Kogoro Mouri | Matías Brea | Akira Kamiya |
Hiroshi Agasa | Paco Barreiro | Kenichi Ogata |
Yusaku Kudo | Luís Iglesia | Hideyuki Tanaka |
Yukiko Kudo / Irene Adler | Xermana Carballido | Sumi Shimamoto |
Inspector Megure | Alfonso Valiño | Furin Cha |
Genta Kojima | Antón Rey | Wataru Takagi |
Mitsuhiko Tsuburaya | Montse Davila | Ikue Otani |
Ayumi Yoshida | Marián Muíño | Yukiko Iwai |
Sonoko Suzuki | Nora Abad | Naoko Matsui |
Inspector Shiratori | César Cambeiro | Kazuhiko Inoue |
Ai Haibara | Helena Amoedo | Megumi Hayashibara |
Axente Chiba | Antón Rubal | Isshin Chiba |
Hiroki Sawada / Arca de Noé | Ana Lemos | Ai Orikasa |
Hideki Moroboshi | Carolina Vázquez | Megumi Ogata |
Shinya Takizawa | Gelos Rosado | Urara Takano |
Akira Emori | Ana Maciñeiras | Rikako Aikawa |
Seichiro Kikugawa | Xermana Carballido | Mitsuki Saigo |
Tadaaju Kashimura | Antón Olmos | Hiroaki Hirata |
Coronel Moran | Antón Cancelas | Yuzuru Fujimoto |
Tetsunosuke Emori | Antón Cancelas | Eisuke Yoda |
Toshio Moroboshi | Xavier Perdiz | Ryuichi Horibe |
Profesor Moriarty | Xavier Perdiz | Kiyoshi Kobayashi |
Cocheiro de Moriarty | Santiago Cortegoso | ? |
Jack o Destripador | Antón Olmos | Sho Hayami |
Señora Hudson | Lucía Cid | Kei Hayami |
Vagabundo | Luís Iglesia | Katsuhisa Hoki |
Revisor do tren | Manuel Pombal | ? |
Axente de Londres | Manuel Pombal | ? |
Pistoleiro | Santiago Cortegoso | Toshihiko Nakajima |
Thomas Shindler | Xosé Manuel Rodríguez | Masane Tsukayama |
Xornalista TMS | Nora Abad | MAI |
Xornalista TV | Beatriz García | ? |
Gardacostas | César Cambeiro | ? |
Presentador Casulo | Antón Rubal | ? |
Música
[editar | editar a fonte]A canción empregada na versión orixinal como tema de peche é "Everlasting" ("Eterno"), interpretada por B'z.
Os temas da música de fondo foron compostos por Katsuo Ono, e serían utilizados na serie orixinal a partir do ano 2003.