Lecer
O tempo de lecer, tamén coñecido como tempo libre ou de ocio, é aquel que se pasa fóra do traballo e da actividade doméstica esencial. É o período de tempo discrecionario antes ou despois das actividades compulsivas. Calcúlase que en sociedades industriais os adultos traballadores gastan arredor dun 30% do seu tempo en actividades de lecer[1].
A distinción entre o lecer e as actividades compulsivas é aplicado de forma flexible, a xente ás veces realiza cousas que chama "traballo" en forma pracenteira.
Para que unha experiencia poida ser chamada de lecer, ten que cumprir 3 condicións principais:
- a experiencia é un estado de ánimo
- ten que ser voluntaria e
- ten que ser motivante en si mesma.
Tipos de lecer
[editar | editar a fonte]Lecer pasivo implica certa actividade física coma o camiñar ou o ioga, que implican pouco emprego de enerxía. Exemplos serían ver televisión ou unha obra de teatro.
Lecer activo son as actividades nas que aqueles que están inmersas nelas o empregan demasiada enerxía e usualmente implican relaxación e actividade sensual soamente. Outras actividades implican máis emprego de enerxía ou un intenso emprego de enerxía coma os deportes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alexander Szalai (ed). 1972. The Use of Time: Daily Activities of Urban and Suburban Populations in Twelve Countries. Den Haag: Mouton