Ohsumi
Ohsumi foi unha serie de satélites artificiais xaponeses lanzados entre 1966 e 1970. Só un chegou a órbita, converténdose no primeiro satélite xaponés en ser orbitado mediante un foguete indíxena.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Ohsumi consistían nun conxunto reducido de instrumentos (acelerómetros, un termómetro e varios transmisores) acaroados á cuarta etapa dun foguete L-4S. Ían equipados con varias antenas e a alimentación eléctrica era proporcionada por unha batería de cinc e óxido de prata cunha capacidade de 5 Ah. Tiñan unha masa de 24 kg.[1][2]
Lanzáronse catro satélites Ohsumi entre 1966 e 1969 que non conseguiron chegar a órbita por diversos fallos do foguete lanzador. A quinta unidade, coñecida xa simplemente como Ohsumi, conseguiu entrar en órbita o 11 de febreiro de 1970, recibíndose o seu sinal dúas horas e media tras chegar ao espazo. O satélite funcionou ata a súa sétima órbita e reentrou na atmosfera terrestre o 2 de agosto de 2003.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Ohsumi nº 1 | 26 de setembro de 1966 | L-4S | Fallo |
Ohsumi nº 2 | 20 de decembro de 1966 | L-4S | Fallo |
Ohsumi nº 3 | 13 de abril de 1967 | L-4S | Fallo |
Ohsumi nº 4 | 22 de setembro de 1969 | L-4S | Fallo |
Ohsumi nº 5 | 11 de febreiro de 1970 | L-4S | Éxito |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ohsumi |