Ollapín
O Ollapín é un ser da mitoloxía galega, trátase dun xigante ciclope, de gran forza e brutalidade que se alimenta de carne humana.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Está emparentado con outro ser que pertence a categoría dos xigantes como é o Olláparo, co cal comparte case todas as súas caracteríticas. Se ben a diferenza principal é a localización do ollo, que no caso do Olláparo adoita ter un na fronte e outro na caluga (segundo as fontes), e no caso do Ollapín –e segundo as diferentes fontes– ou ben ten o ollo no pescozo[2] ou na caluga.[3]
Afirmáse que vivía nos montes da comarca do Bolo[3] ou Caldelas[1] ou en cavernas que pechaba con penedos enormes que só el podía mover. Estas grotas profundas estaban situadas nos montes de Ourense e de Lugo aínda que a súa presenza estendíase por toda Galicia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).
- ↑ 2,0 2,1 https://www.davidtebras.com/FantasiaCelta/ollaparo/
- ↑ 3,0 3,1 http://mitoloxiagalega.blogspot.com/2015/11/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuba, Xoán Ramiro; Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio (2022). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-1110-072-4.
- David Tebras. "El Olláparo, el terrible cíclope de Galicia" (en castelán). Consultado o 23-03-2023.
- Arximiro (30-11-2015). "Xigantes". Breviario de mitoloxía galega (en galego e castelán). Consultado o 23-03-2023.