Saltar ao contido

Río Orinoco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Orinoco»)
Modelo:Xeografía físicaRío Orinoco
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
País da cuncaVenezuela Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Caribe, Canal do Cassiquiare (pt) Traducir e Delta Amacuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Mapa
 2°19′05″N 63°21′42″O / 2.318, -63.3617
8°34′N 60°30′O / 8.56, -60.5
Afluentes
28
Conca hidrográficaOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.140 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica989.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal30.000 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Orinoco é un dos ríos máis longos de Suramérica. Nace en Parima, Venezuela, preto da fronteira co Brasil, fai un grande arco primeiro cara ao noroeste, despois cara ao oeste, e logo cara ao norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara ao océano Atlántico, percorrendo un total de 2.140 quilómetros.

A desembocadura forma un inmenso delta, ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navegable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.

O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.

A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cunha vexetación de pasteiros tropicais de sabana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]