Saltar ao contido

Ouguiya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ouguiya
أوقية (árabe)
Ouguiya (francés)
Código:MRU
Ámbito:Mauritania Mauritania
Sáhara Occidental Sáhara Occidental (de facto)
Símbolo:UM
Fracción:5 khoums.
Moedas:⅕, 1, 2, 5, 10, 20 ouguiya.
Billetes:50, 100, 200, 500, 1.000 ouguiya.
Emisor:Banco Central de Mauritania
Taxa de troco:
26-01-2021
1 EUR = 434,48 MRU
1 USD = 357 MRU[1]
Troco actual

A ouguiya (en árabe: أوقية) é a unidade monetaria de Mauritania,[2] dividida en cinco khoums. A actual ouguiya, con código ISO MRU, introduciuse en 2018 en substitución da vella ouguiya (código MRO), a razón dunha nova por cada dez vellas. [3]

O seu nome deriva da pronuncia árabe hasaní da palabra uqiyyah – أُوقِية, que significa "onza".

Antiga ouguiya

[editar | editar a fonte]

A ouguiya (MRO) introduciuse como moeda oficial de Mauritania o 28 de xuño de 1973 en substitución do franco CFA, coa taxa dun ouguiya por cada cinco francos.[4]

50 ouguiyas de 2010
Serie de moedas do sistema da Ouguiya de 2009

En 1973 puxéronse en circulación moedas de ⅕ de ouguiya (1 khoums) e de 1, 5, 10 e 20 ouguiyas. Este foi o único ano en que se emitiu a moeda fraccionaria.[5]

Estas moedas foron producidas na Casa da Moeda de Kremnica, en Eslovaquia. As derradeiras moedas desta serie cuñáronse entre os anos 2003 e 2004.[5]

En 2009 producíronse cambios significativos, coa redución do tamaño da moeda dunha ouguiya en aliaxe de níquel (a anterior era de bronce) e a introdución dunha moeda bimetálica de 20 ouguiya, continuada pola de 50 ouguiya, tamén bimetálica, en decembro de 2010.[5]

Tamén en 1973, o Banco Central de Mauritania emitiu billetes con valores de 100, 200 e 1.000 ouguiya.[6] En 1974 púxose en circulación unha segunda serie cos mesmos valores, á que se lle engadiu o billete de 500 ouguiyas en 1979. Estas segunda serie foi producida pola compañía Giesecke & Devrient, de Múnic, Alemaña.[7]

Billete de 100 ouguiya de 2011

En 2004 cambiáronse os billetes mauritanos, con anversoa totalmente novos e cos deseños dos reversos actualizados e adaptados á redución xeral do tamaño dos billetes. Nesta nova serie introduciuse o valor de 2.000 ouguiyas.[8]

No marco dunha actualización posterior de toda a serie, en agosto de 2010 púxose en circulación o novo billete de 5.000 ouguiyas, datado o 28 de novembro de 2009.[9][10]

Nova ouguiya

[editar | editar a fonte]

O 28 de novembro de 2017, no seu discurso co gallo da festa da independencia, o presidente mauritano, Abdel Aziz, anunciou a reforma do sistema monetario co obxectivo de lle dar un impulso á debilitada economía do país.[11] Iso levou consigo unha elevada inflación en decembro de 2017 de entre un 10 % e un 50 % en función dos produtos.[12]

Logo dese anuncio, o 1 de xaneiro de 2018 inaugurouse unha nova versión da preexistente ouguiya, de xeito que dez das antigas pasaron a equivaler a unha das novas. De inmediato, uns novos billetes de polímero substituíron os anteriores.[3]

Como consecuencia deste cambio, os códigos ISO para a ouguiya modificáronse a MRU / 929 e os preexistentes MRO / 478 foron retirados mediante a emenda ISO 4217 número 165, con data do 14 de decembro de 2017.[13]

A poboación mauritana dispuxo dun ano para cambiar os seus billetes. Durante os seis primeiros meses, puideron realizar esa operación nos bancos, nas oficinas de Facenda e nos establecementos de correos; na segunda parte do ano, o cambio realizouse exclusivamente no Banco Central. O cambio foi progresivo, de xeito que durante o primeiro mes foi a vez dos billetes de 5.000 ouguiyas, logo os de 2.000 e así sucesivamente. A partir da cantidade de 500.000 ouguiyas, os mauritanos deberon abrir unha conta bancaria para proceder ao cambio de moeda. Os prezos amosáronse en ambas as moedas durante tres anos.[3]

Como resultado do cambio de sistema realizouse xa en 2017 unha primeira emisión da nova ouguiya, con valores de ⅕ de ouguiya (1 khoums), 1, 5, 10 e 20 ouguiyas. Esta última, cuñada nun disco trimetálico, foi merecedora do Premio Moeda do Ano na categoría de mellor moeda circulante do ano.[14] En 2018 púxose tamén en circulación unha nova moeda de 2 ouguiyas.[15]

Moedas en circulación da ouguiya
Imaxes Facial Data Diámetro Grosor Peso Aliaxe Canto Anverso Reverso


ouguiya

[16]

2017
16,00 mm
2,00 mm
2,10 g
Ace-Cu Liso Emblema Peixe
1 ouguiya

[17]

2017

2018

19,90 mm
2,00 mm
4,00 g
Ni-Ace Estriado Emblema Teteira
2 ouguiyas

[18]

2018
24,00 mm
1,90 mm
5,65 g
Ace. inox. Estriado Emblema Instrumentos
5 ouguiyas

[19]

2017

2018

22,50 mm
2,00 mm
4,71 g
Ni-Ace Liso Emblema Instrumentos
10 ouguiyas

[20]

2017

2018

24,00 mm
1,80 mm
5,38 g
Aro: ace-lat

Centro: Ace-Ni

Segmentos Emblema Vaca
20 ouguiyas

[21]

2017

2018

26,00 mm
2,00 mm
7,63 g
Aro: Ace-lat

Aro: Ace-Ni

Centro: Ace

Liso Emblema Camelos

Con data de 28 de novembro de 2017, emitíronse billetes da nova ouguiya, todos eles de polímero, cos valores de 50, 100, 200, 500 e 1.000 ouguiyas.

Billetes en circulación da ouguiya
Imaxes Facial Cor Motivos principais Data de emisión
Anverso Reverso Anverso Reverso
50 ouguiyas

[22]

Violeta
Mesquita Ibn Abbas, Nouakchott Teteira e instrumentos 28 de novembro de 2017
100 ouguiyas

[23]

Verde
Torre Gando vacún 28 de novembro de 2017
200 ouguiyas

[24]

Amarelo
Torre Camelos 28 de novembro de 2017
500 ouguiyas

[25]

Azul
Torre Arrastreiro e peixes 28 de novembro de 2017
1.000 ouguiyas

[26]

Marrón
Torre Tren mineiro 28 de novembro de 2017
  1. Cambio entre ouguiya e euro. Nataf.net
  2. "ouguiya*". En Digalego.gal
  3. 3,0 3,1 3,2 "Introduction de la nouvelle Ouguiya". Banque Centrale de Mauritanie.
  4. Pazzanita, A. G. (2008).
  5. 5,0 5,1 5,2 "Old Ouguiya (1973-2018)". Numista.com
  6. "Mauritania: 20.06.1973 "Algerian Printer" Issue". Banknote.ws
  7. "Mauritania: 1974-2002 "Printer G&D" Issue". Banknote.ws
  8. "Mauritania: 2004-2009 Issue". Banknote.ws
  9. "Mauritania new 5,000-ouguiya note (B119) confirmed". BanknoteNews.com
  10. "Mauritania: 2011-2015 Issue". Banknote.ws
  11. "Mauritanie 2018: monnaie allégée, changes et prix gonflés". En France 24. 2 de xaneiro de 2018.
  12. "Mauritanie: flambée des prix à l'approche de la réforme sur la monnaie". En rfi. 25 de decembro de 2017.
  13. "ISO 4217 Amendement number 165. 14 December 2017". SIX Interbank Clearing Ltd.
  14. "Coin of the Year awards given in Berlin". En Numismatic News. 15 de febreiro de 2019.
  15. "New Ouguiya (2018-date)". Numista.com
  16. "⅕ Ouguiya". Numista.com
  17. "1 Ouguiya". Numista.com
  18. "2 Ouguiya". Numista.com
  19. "5 Ouguiya". Numista.com
  20. "10 Ouguiya". Numista.com
  21. "20 Ouguiya". Numista.com
  22. "50 Ouguiya". Banknote.ws
  23. "100 Ouguiya". Banknote.ws
  24. "200 Ouguiya". Banknote.ws
  25. "500 Ouguiya". Banknote.ws
  26. "1.000 Ouguiya". Banknote.ws

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]