Oxford Street
Aparencia
Oxford Street é unha das grandes rúas de Londres, Inglaterra. Situada no termo de Westminster, é unha das rúas máis famosas do mundo para as compras. Con máis de 300 tendas, é a rúa comercial máis grande do mundo. Ocupa aproximadamente uns 2.000 metros dende Marble Arch na esquina nordeste de Hyde Park, continúa por Oxford Circus ata St Gile's Circus, cara á intersección con Charing Cross Road e Tottenham Court Road. Ao oeste de Marble Arch, Oxford Street convértese en Bayswater Road ou a A40, a cal continua cara ao oeste cara a Oxford. Oxford Street ten intersección con outras rúas londinienses famosas, incluíndo Park Lane, New Bond Street e Regent Street.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fotografía de Oxford Street en 1987.
-
United Kingdom House.
-
Edificio no número 147.
-
The Tottenham.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oxford Street |