PAL
PAL (Phase Alternate Line), é un sistema de transmisión de sinais analóxicas de televisión en cor.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O sistema PAL desenvolveuno Walter Bruch de Telefunken en Alemaña a partir do sistema NTSC, mellorando a súa calidade e reducindo os erros de fase que provocaba cambios na tonalidade das cores. As primeiras transmisións comezaron en 1964 no Reino Unido e 1967 en Alemaña, a maioría dos países europeos adoptaron o sistema, así como boa parte dos africanos e asiáticos.
Descrición
[editar | editar a fonte]A base do PAL e do NTSC son semellantes, envíase o sinal de crominancia a unha frecuencia subportadora, 4.43361875 MHz, modulada en amplitude en cuadratura que se engade ao sinal de luminancia para formar un sinal vídeo composto de banda base. O seu nome "Phase Alternating Line" (liña de fase alternante) describe o xeito en que se transmite a información de crominancia do sinal de vídeo, inverténdose en fase en cada liña, corrixíndose automaticamente os erros de fase na transmisión do sinal ao se cancelaren entre si. As liñas onde a fase de cor está invertida en relación ao sistema NTSC denomínanse liñas PAL ou liñas, mentres as restantes denomínanse liñas NTSC. Os receptores PAL introducen unha liña de retardo no procesado do sinal de luminancia de aproximadamente 64µs que seirve para almacenar a información de crominancia de cada liña recibida. A media de crominancia dunha liña e a seguinte é o que se amosa na pantalla, ao comezo os dispositivos que tiñan a capacidade de producir ese retardo eran relativamente caros, polo que a maioría dos receptores incidían na impercepción do ollo humano para eliminar os erros de fase. Esta solución reduce a resolución vertical de cor en comparanza co sistema NTSC, pero como a retina humana é moito menos sensible á informaión da cor que á da luminancia ou brillo, este efecto non é moi visible.