Saltar ao contido

Pablo Casado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPablo Casado

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Pablo Casado Blanco Editar o valor en Wikidata
1 de febreiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Palencia, España Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

3 de decembro de 2019 – 5 de abril de 2022 – Percival Manglano →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Partido Popular

20 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Presidente do Partido Popular
21 de xullo de 2018 – 2 de abril de 2022
← Mariano RajoyAlberto Núñez Feijóo →
Deputado no Congreso dos Deputados
14 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Ávila

Deputado no Congreso dos Deputados
8 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Ávila

Deputado no Congreso dos Deputados
28 de novembro de 2011 – 13 de xaneiro de 2016

Circunscrición electoral: Ávila

Deputado na Asemblea de Madrid
13 de xuño de 2007 – 9 de xullo de 2009 – Teresa de Jesús Luis Rico →

Datos persoais
Ideoloxía políticaNeoconservadorismo Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Rei Xoán Carlos - dirección de empresas (2007–2014)
CES Cardenal Cisneros - licenciatura en Dereito (2005–2007)
Universidade Complutense de Madrid
Irmáns Maristas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
EmpregadorJosé María Aznar (2009–2012)
Alfredo Prada (2003–2006) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular (2003–)
Popular parliamentary group (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Participou en
26 de outubro de 2020quinto aniversario de El Español Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeIsabel Torres Orts (2009–) Editar o valor en Wikidata
PaiMiguel Casado González Editar o valor en Wikidata

Facebook: pablo.casado.blanco Twitter: pablocasado_ Instagram: pablocasadoblanco LinkedIn: pablo-casado-blanco-aa64412b BNE: XX5524466 Editar o valor en Wikidata

Pablo Casado Blanco, nado en Palencia o 1 de febreiro de 1981, é un político español do Partido Popular que foi presidente do Partido Popular de 2018 a 2022.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade de Palencia o 1 de febreiro de 1981. Está casado dende xuño de 2009, con Isabel Torres Orts, coa que ten unha filla e un fillo. Avogado e economista colexiado en Madrid, é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade Rei Xoán Carlos de Madrid.[1] Posúe un máster en Dereito Administrativo pola mesma universidade. Completou a súa formación académica obtendo o Certificado de Estudos Lexislativos do Government Affairs Institute da Universidade de Georgetown (Washington DC), e co Programa Executivo DGP da Escola de Goberno John F. Kennedy (Universidade Harvard). Tamén obtivo o Programa Superior de Xestión Pública do IESE (Universidade de Navarra), o Programa de Xestión Parlamentaria do IE Business School (IE Universidade), o Programa en Emprendimiento e Innovación da Deusto Business School (Universidade de Deusto) e o Curso de Mercados Financeiros do IEB (Universidade Complutense de Madrid).[2]

É non-resident fellow[3] da School of Advanced International Studies (SAIS) da Universidade Johns Hopkins, e foi visiting professor do Global Leadership and Competitiveness Program da Universidade de Georgetown.[4]

Actividade política

[editar | editar a fonte]

Na XI lexislatura foi presidente da Comisión de Educación e Deporte e vogal da Comisión de Constitucional do Congreso dos Deputados.[2][2]

Na X lexislatura foi voceiro da Comisión mixta Congreso-Senado para a Unión Europea[5], voceiro adxunto de Asuntos Exteriores e vogal da Comisión de Xustiza e da Comisión de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.[5]

De 2011 a 2015 foi membro da Comisión de seguridade, asuntos políticos e dereitos humanos da ApUPM (Assemblée Parlementaire de l'Union pour a Mèditerranée).[5] De 2013 a 2015, foi membro da COSAC (Conference of Parliamentary Committees for Union Affairs).[5]

Entre 2009 e 2012 foi director de gabinete do expresidente do Goberno José María Aznar.[2] De 2007 a 2009 foi deputado da Asemblea de Madrid, onde desempeñou as funcións de voceiro de Xustiza e Administracións Públicas e voceiro adxunto de Orzamentos e Facenda.[6][7][8]

No Partido Popular, entre 2005 e 2013, foi presidente das Novas Xeracións do Partido Popular de Madrid.[9][10] En xaneiro de 2015, foi elixido voceiro do comité de campaña para as eleccións municipais e autonómicas celebradas ese mesmo ano, sendo nomeado o 18 de xuño de 2015, vicesecretario xeral de comunicación polo presidente nacional, Mariano Rajoy.[11][12]

En xuño de 2018, despois da moción de censura na que deixou de ser presidente do Goberno, Mariano Rajoy presentou a súa dimisión como presidente do PP. Pablo Casado presentou a súa candidatura á presidencia do partido no proceso de primarias. A súa lista foi a segunda máis votada na primeira rolda da votación da afiliciación celebrada o 5 de xullo de 2018, por detrás da lista da ex-vicepresidenta do goberno, Soraya Sáenz de Santamaría.[13] Na segunda volta, celebrada o 22 de xullo de 2018, Pablo Casado converteuse no novo presidente do PP, co 57,2% dos votos dos compromisarios, fronte ao 42,8% recibido por Soraya.[14]

Investigacións dos seus títulos académicos

[editar | editar a fonte]

En abril de 2018, e como ramificación do caso Cifuentes, comezaron a aparecer sospeitas sobre a obtención irregular e trato de favor nas súas titulacións; primeiro sobre o máster en Dereito Autonómico e Local pola Universidade Rei Xoán Carlos de 2008 (idéntico ao que deu pé á imputación da expresidenta madrileña Cristina Cifuentes),[15][16] que Pablo Casado cursou e aprobou sen asistir nunca a clases presenciais nin efectuar ningún exame,[17] segundo el mesmo admitiu publicamente e, posteriormente, xa en maio de 2018, polas presuntas irregularidades na obtención "exprés" da súa Licenciatura en Dereito do CES Cardenal Cisneros,​ como consecuencia de supostas presións por parte da entón presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, sobre as autoridades daquel centro. Nese segundo caso, o centro emitiu un comunicado onde desmentían tal información asegurando que non houbo trato preferente e que non puido aprobar sen presentarse aos exames.[18]

Este último desenvolvemento dos acontecementos levou ao reitorado da Universidade Complutense, á cal o CES Cardenal Cisneros está adscrito a efectos académicos, a abrir unha investigación sobre os procedementos levados a cabo polo CES para que a UCM outorgase o citado título de Dereito.[19] Casado era naquel entón deputado rexional na Asemblea de Madrid,[20] e a fundación titular do CES Cardenal Cisneros é presidida ex officio pola conselleira de Educación, naquel entón Lucía Figar.[21] Do mesmo xeito, a xuíza instrutora do caso Cifuentes abriu, en maio de 2018, unha peza separada para investigar as condicións de obtención do máster de Pablo Casado correspondente ao curso académico 2008-2009 da Universidade Rei Xoán Carlos. A xuíza pediu un informe á ANECA, e pediu ao Congreso confirmar que Casado é aforado, paso previo para trasladar a investigación ao Tribunal Supremo.[22]

En maio de 2018, a URJC abriu unha investigación de «información reservada» sobre o título de licenciado en Administración e Dirección de Empresas de Casado co pretendido obxectivo de «esclarecer a situación dos estudos de Grao do estudante Pablo Casado Blanco».[23]

  1. "Pablo Casado, abogado colegiado en Madrid". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Ficha biográfica de Pablo Casado Blanco en la XI Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  3. "Pablo Casado, Non-Resident Fellow". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  4. "School of Avanced International Studies, Johns Hopkins University". 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Ficha biográfica de Pablo Casado Blanco en la X Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2019. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  6. "Acuerdo de la Mesa de la Diputación Permanente de la Asamblea por el que renuncia a su condición de Diputado" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  7. "Relación de diputados del Grupo Parlamentario Popular en la VIII legislatura de la Asamblea de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  8. "Pablo Casado, Diputado de la Asamblea de Madrid en la VIII Legislatura". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  9. "Pablo Casado, elegido presidente de Nuevas Generaciones". 
  10. "Pablo Casado trabajará en el equipo de comunicación del Partido Popular". 
  11. "Carlos Floriano será el director de campaña del PP para las elecciones". 
  12. "Carlos Floriano dirigirá la campaña del PP y Pablo Casado será portavoz". 
  13. Bareño, Gonzalo (06-07-2018). "Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 
  14. Bareño, Gonzalo (22-07-2018). "El triunfo de Casado entierra el marianismo". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 
  15. Ignacio Escolar (15 de maio de 2018). eldiario, ed. "Lo que sé del máster de Pablo Casado". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  16. Fernando J. Pérez; Mónica Ceberio Belaza (15 de maio de 2018). El País, ed. "La juez del máster de Cifuentes investiga también el título de Pablo Casado". Consultado o 18 de maio de 2018. 
  17. Gonzalo Cortizo (10 de abril de 2018). eldiario, ed. "Pablo Casado nunca fue a clase y sólo cursó cuatro de las 22 asignaturas de su máster gracias a las convalidaciones". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  18. 20Minutos (ed.). "El CES Cardenal Cisneros niega "trato preferente" a Casado y que haya podido aprobar sin examinarse". Consultado o 17 de xuño de 2018. 
  19. Sofía Pérez Mendoza (16 de maio de 2018). eldiario, ed. "La Complutense pide el expediente de Pablo Casado al centro donde estudió Derecho por si hubiera irregularidades". Consultado o 16 de maio de 2018. 
  20. elPeriódico (17 de maio de 2018). El Periódico de Catalunya, ed. "El exdirector del Cardenal Cisneros: Casado fue "cobijado" pero sin trato de favor". Consultado o 17 de maio de 2018. 
  21. elplural, ed. (16 de maio de 2018). "Una diputada del PP presidía el centro en el que Pablo Casado se sacó la carrera". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2018. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  22. Mateo, Juan José (7 de xullo de 2018). ""Pablo, tienes que arreglar lo del máster"". El País. 
  23. Medina, Álvaro; Rejón, Raúl (22 de maio de 2018). "La Universidad Rey Juan Carlos investiga ahora la licenciatura de Pablo Casado en Dirección de Empresas". Eldiario.es. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]