Saltar ao contido

Parlamento de Croacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Parlamento da Croacia (en croata: Hrvatski sabor, "Parlamento croata") é unha lexislatura unicameral da Croacia. Sobre os termos da Constitución de Croacia, o Sabor, como é coñecido, representa o pobo e é investido co poder lexislativo.

O Sabor está composto por un número de lexisladores que varía de 100 a 160, electos en base no sufraxio universal e igualitario, e a través do voto secreto, para cumpriren mandatos de catro anos. Cada mandato pode ser prolongado excepcionalmente durante unha guerra.

A maioría dos representantes vén de cada un dos Condados da Croacia, porén algúns son electos como representantes de determinadas minorías ou de croatas na diáspora. Actualmente[cando?] o número de membros é de 153: 140 dos condados, oito representando diversas minorías e cinco representando os croatas no exterior. O Sabor é presidido por un dos representantes, denominado Presidente, que por á vez é auxiliado polo menos co Vicepresidente (normalmente catro ou cinco).

O Sabor ou Parlamento de Croacia:

  • decide sobre a aprobación e emendas feitas á Constitución de Croacia.
  • aproba leis.
  • adopta o orzamento estatal.
  • decide sobre os asuntos de guerra e paz.
  • pasa documentos que expresan as políticas do parlamento.
  • adopta as estratexias de seguridade nacional e de defensa da República de Croacia.
  • executa o control civil sobre as Forzas Armadas de Croacia e os servizos de seguridade nacional da República de Croacia.
  • decide sobre os cambios feitos ás fronteiras da República de Croacia.
  • convoca referendos e plebiscitos.
  • convoca eleccións e delega cargos, en conformidade coa constitución e as leis.
  • supervisa o traballo do goberno da República de Croacia e doutros ocupantes de cargos públicos relacionados co Parlamento croata, en conformidade coa constitución e as leis.
  • concede amnistía para ofensas criminais.
  • conduce calquera outro asunto delegado pola constitución.

O Sabor toma as súas decisións a través de voto maioritario, coa condición de que unha maioría dos representantes estean presentes na sesión.

Leis que regulan os dereitos das minorías nacionais, decisións que teñan algunha relación coas fronteiras do país ou coas forzas armadas cruzando estas fronteiras, son pasadas polo Parlamento de Croacia por unha maioría de dous terzos de todos os seus representantes.

Leis que determinan os dereitos humanos (definidos constitucionalmente) e as liberdades fundamentais, o sistema electoral, a organización, autoridade e operación dos corpos gobernamentais, ben como a organización e autoridade de autogoberno local e rexional son promulgadas polo Parlamento de Croacia, por un voto maioritario de todos os representantes.

Cada representante do parlamento, os clubs parlamentarios de representantes e os organismos de traballo do Parlamento de Croacia e o goberno da República de Croacia ten o dereito de propor leis.

Os membros do Parlamento croata teñen o dereito de encamiñar cuestións ao goberno da República de Croacia e aos ministros, individualmente.

Polo menos un décimo dos representantes do parlamento pode presentar unha interpelación a unha operación do goberno da República de Croacia, ou a un dos seus membros.

O Parlamento de Croacia poderá formar comisións de investigacións relacionadas con calquera asunto de interese público.

Portavoces do Parlamento

[editar | editar a fonte]
Nome Desde Até Partido político
Žarko Domljan 30 de maio de 1990 7 de setembro de 1992 HDZ
Stjepan Mesić 7 de setembro de 1992 24 de maio de 1994 HDZ
Nedjeljko Mihanović 24 de maio de 1994 28 de novembro de 1995 HDZ
Vlatko Pavletić 28 de novembro de 1995 2 de febreiro de 2000 HDZ
Zlatko Tomčić 2 de febreiro de 2000 22 de decembro de 2003 HSS
Vladimir Šeks 22 de decembro de 2003 11 de xaneiro de 2008 HDZ
Luka Bebić 11 de xaneiro de 2008 22 de decembro de 2011 HDZ
Boris Šprem 22 de decembro de 2011 30 de setembro de 2012 SDP
Josip Leko 10 de outubro de 2012 SDP
Fonte: Parlamento croata[1][2]

Composición

[editar | editar a fonte]
  1. "Prethodni predsjednici Sabora" [Previous Speakers of the Parliament] (en Croatian). Sabor. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 November 2011. 
  2. Marinela Vidić-Ivoš (22 December 2011). "Boris Šprem: Vladavina naroda treba trajati stalno" [Boris Šprem: Rule of the people should be permanent]. Večernji list (en Croatian). Consultado o 22 December 2011. 
  3. O representante normalmente pode ser membro dun só club parlamentario, porén os representantes das minorías nacionais poden ser membros dos clubs parlamentarios do seu partido, así como membros do club parlamentario da minoría nacional que foi aceptable para o seu partido. Hrvatski sabor - English Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine., Hrvatski sabor Arquivado 25 de setembro de 2015 en Wayback Machine..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]