Parque Juan Carlos I
Aparencia
Tipo | parque escultórico Q3845395 | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Xoán Carlos I de España | |||
Localización | ||||
División administrativa | Madrid, España | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Dimensións | 1 () km | |||
Superficie | 1.473.974 m² | |||
Actividade | ||||
Operador | Madrid | |||
Páxina web | esmadrid.com… | |||
O Parque Juan Carlos I é un parque público situado ao nordés de Madrid, no barrio de Corralejos, distrito de Barajas. Esténdese por unha área de 160 hectáreas, que o converten no segundo parque máis grande da capital española, por diante do Parque do Retiro (118 ha) e só superado polo parque periurbano da Casa de Campo. Conta cun lago, un auditorio ao aire libre e numerosas esculturas abstractas.
Inaugurouse en 1992. Os autores son os arquitectos José Luis Esteban Penelas e Emilio Esteras Martín.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Revista de Obras Públicas, ed. (2005). "Parque Juan Carlos I" (PDF). pp. 118–119. ISSN 0034-8619. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 03 de febreiro de 2016.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Juan Carlos I |