Saltar ao contido

Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional de Ordesa e Monte Perdido
Imaxe
TipoParque nacional
Lugar de importancia comunitaria
espazo natural protexido
Parque Nacional de España Editar o valor en Wikidata
Parte dePyrénées – Mont Perdu World Heritage Site (en) Traducir
Rede de Parques Nacionais de España Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMonte Perdido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAragón, España e Provincia de Huesca, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°40′18″N 0°03′20″L / 42.6717, 0.0556
Características
Punto máis altoMonte Perdido Editar o valor en Wikidata  (3.348 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie156 km²
15.690,61287 ha Editar o valor en Wikidata
Especies conservadasFaia, Abeto, Pinus mugo, oso pardo, Rebezo e Quebraosos Editar o valor en Wikidata
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 893 Editar o valor en Wikidata
Área protexida da rede Natura 2000
IdentificadorEditar o valor en Wikidata ES0000016 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación16 de agosto de 1918 e 1918 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorMinisterio de Medio Ambiente de España Editar o valor en Wikidata

Páxina webmiteco.gob.es… Editar o valor en Wikidata

O Parque nacional de Ordesa e Monte Perdido (en aragonés: Parque Nacional d'Ordesa y d'as Tres Serols) está situado no Pireneo central de Huesca, comarca do Sobrarbe, Aragón (España), e está catalogado como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Actualmente ocupa unha superficie de 15.608 ha. Abrangue os concellos de Bielsa, Fanlo, Puértolas, Tella-Sin, Torla-Ordesa e Broto. Recibe unha media de máis de 600 000 visitantes cada ano.

O parque goza de diferentes figuras de protección ademais da de Parque Nacional, xa que en 1977 foi declarado Reserva da Biosfera, en 1988 Zona de especial protección para as aves e en 1997 acadou a distinción de Patrimonio da Humanidade pola Unesco.[1] Tamén é un Lugar de importancia comunitaria.

É o segundo parque nacional máis antigo de España, declarado o 16 de agosto de 1918 mediante o Real Decreto 16-08-1918 baixo o nome de Valle de Ordesa.[2] O 13 de xullo de 1982, coa lei 52/1982, ampliouse o Parque e reclasificouse co nome actual.[3]

Táboa de visitantes entre 1996 e 2011
1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
624 510 601 500 603 004 624 263 635 876 657 045 622 014 619 700 582 800 592 100 616 700 617 950 616 600 617 500 614 059 621 500
Datos extraídos da web do ministerio de Medio Ambiente[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "El patrimonio vegetal del parque nacional de Ordesa y Monte Perdido (España), reserva MaB de la biosfera y Patrimonio Mundial de la Humanidad" (PDF). Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  2. "Real Decreto, de 16 de agosto de 1918, de declaración del Parque Nacional Valle de Ordesa, o del río Ara." (PDF). Gaceta de Madrid. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xuño de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  3. "Ley 52/1982, de 13 de julio, de reclasificación y ampliación del parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido.". BOE. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2015. 
  4. "Ministerio de Medio Ambiente". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]