Parque da Natureza do Río Barosa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Tipo | fervenza parque | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Barro, España | |||
| ||||
O Parque da Natureza do Río Barosa é un espazo natural do norte do concello de Barro, na provincia de Pontevedra, preto do límite co concello de Portas, sito a carón da estrada N-550 que comunica Pontevedra con Santiago de Compostela.
Características
[editar | editar a fonte]O río Barosa descende por varias fervenzas salvando un desnivel de 60 metros, no cal foron construídos 12 muíños, algúns deles rehabilitados pola Escola Obradoiro "Camiño de Santiago-Barro". O Barosa desauga no río Chaín, á súa vez afluente do río Umia.
Na parte baixa do parque hai unha pequena lagoa, varias cales de auga, varias pontellas e dúas pontes canadenses de madeira que comunican a beira do río cunha insua acondicionada como zona recreativa. A vexetación tamén é de salientar, principalmente constituída por especies de ribeira na parte baixa rodeadas de fragas nas abas do monte. A principal especie é o carballo (Quercus robur L.) Nas carballeiras atopamos outras especies: amieiro, castiñeiro, bidueiro, abeleira, pradairo, salgueiro, cerdeira brava, pereira brava etc. Algunhas especies amosan a influencia mediterránea, é o caso do loureiro, o érbedo ou o piñeiro bravo (Pinus pinaster). Tamén hai eucaliptais nas partes altas.
Unha ruta de sendeirismo chamada "Sendeiro dos muíños da Barosa" percorre o parque de comezo a fin por unha das beiras do río, e volve pola outra beira ata o comezo, completando uns 4 km de andaina. Varios paneis informan da dificultade e lonxitude do camiño. No verán é cando recibe máis visitantes, algúns deles peregrinos que chegan facendo o Camiño Portugués.
Unha placa recorda que neste lugar, en 1809, e no marco da guerra da Independencia, tivo lugar un enfrontamento entre o batallón do cadete Benito Godoy Araujo e unha carruaxe do mariscal Soult que provocou no duque de Wellington palabras de loubanza para os galegos en xeral: "Españois, adicádeos a imitar ós inimitábeis galegos".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque da Natureza do Río Barosa |