Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Ecuador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Ecuador na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Ecuador, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área.

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Ecuador
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[3]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO
01 Illas Galápagos Provincia de Galápagos 1978 1; ; vii, viii, ix, x (natural)
02 Cidade de Quito Provincia de Pichincha 1978 2; ii, iv (cultural)
03 Parque Nacional Sangay Provincia de Morona Santiago, Provincia de Chimborazo e Provincia de Tungurahua 1983 260; vii, viii, ix, x (natural)
04 Centro histórico de Cuenca Provincia de Azuay 1999 863; ii, iv, v (cultural)
05 Camiños do Inca* Inca trail ColVarios, compartido con
 Arxentina
 Bolivia
 Chile
 Colombia
 Perú[4]
18°15′00″S 69°35′30″O / -18.25000, -69.59167
2014 1459; ii, iii, iv, vi (cultural)
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  4. "Qhapaq Ñan, Andean Road System". UNESCO. Consultado o 8 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]