Paul Muni
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (uk) Meshilem Meier Weisenfreund 22 de setembro de 1895 Lviv, Ucraína |
Morte | 25 de agosto de 1967 (71 anos) Montecito, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | doenza cardiovascular |
Lugar de sepultura | Cemiterio Hollywood Forever |
Actividade | |
Ocupación | actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 1908 - |
Empregador | Warner Bros. |
Obra | |
Arquivos en | |
Premios | |
| |
|
Frederich Meshilem Meier Weisenfreund, coñecido como Paul Muni, nado en Lviv o 22 de setembro de 1895 e finado en Montecito, California o 25 de agosto de 1967 foi un actor estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na rexión austrohúngara de Galicia, hoxe en Ucraína, emigrou coa súa familia aos Estados Unidos de América en 1902, establecéndose en Chicago.
Comezou a súa carreira de actor no teatro yiddish de Chicago xunto cos seus pais. Tras ser citado en 1925 nun artigo do New York Times destacando as súas interpretacións, ao anos seguinte debutou en Broadway, na obra We Americans, na que por primeira vez actuou en inglés.
En 1929 foi contratado pola Fox, iniciando a súa carreira cinematográfica. Trala súa segunda candidatura ao Oscar, por I Am a Fugitive from a Chain Gang asinou un contrato coa Warner Bros..
En 1936 gañou o Oscar ao mellor actor por The Story of Louis Pasteur, o primeiro dos seus filmes biográficos. Porén, continuou actuando no teatro, obtendo grandes éxitos.
Aos 59 anos diagnosticáronlle un tumor no ollo esquerdo, que lle foi extraído. Pouco despois volveu á obra que estaba a protagonizar, Inherit the Wind. Retirouse do cine en 1959 por mor dos seus problemas de saúde, mais seguiu actuando na televisión ata 1962.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1929 | The Valiant |
Seven Faces | |
1932 | Scarface |
I Am a Fugitive from a Chain Gang | |
1933 | The World Changes |
1934 | Hi, Nellie! |
1935 | Bordertown |
Black Fury | |
Dr. Socrates | |
1936 | The Story of Louis Pasteur |
1937 | The Good Earth |
The Woman I Love | |
The Life of Emile Zola | |
1939 | Juarez |
We Are Not Alone | |
1941 | Hudson's Bay |
1942 | Commandos Strike at Dawn |
1943 | Stage Door Canteen |
1945 | A Song to Remember |
Counter-Attack | |
1946 | Angel on My Shoulder |
1952 | Imbarco a mezzanotte |
1959 | The Last Angry Man |