Pedra da Arca (Dumbría)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pedra da Arca.
Pedra da Arca (Dumbría) | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
Pedra da Arca | |
Localización | |
País | Galiza |
Concello | Dumbría |
Parroquia | Olveira |
Localidade | Regoelle |
Coordenadas | 43°00′36″N 9°00′52″O / 43.009967, -9.014467 |
Datos xerais | |
Categoría | Monumento |
Construción | Prehistoria - |
Estilo | Megalitismo |
Mapa de localización | |
A Pedra da Arca, tamén coñecido como Casa das Mouras ou Casa dos Mouros, é un monumento megalítico (entre os anos 3.000 e 2.500 a.C.), situado no lugar de Regoelle (Olveira, Dumbría), preto do Castro de Regoelle e no límite co concello de Vimianzo, parroquia de Baíñas.
Características
[editar | editar a fonte]Ten unha lonxitude de 7,50 metros (3,80 de cámara). Conserva dez ortóstatos e tres lousas superiores, dúas delas forman un corredor de dous tramos parcialmente tapado polo túmulo. Pódense apreciar restos de gravados similares aos do dolmen de Dombate, liñas onduladas e manchas vermellas.
Foi declarada Ben de Interese Cultural en 2011[1] e forma parte do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anta, Julio. "Dolmen de Regoelle ó Casa das Mouras". Historia de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 23/09/2007. Consultado o 11/10/2008.
Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |