Peugeot
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Peugeot | |
---|---|
Motion & Emotion | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 2 de abril de 1896 |
Matriz | PSA Peugeot Citroën |
Localización | París, Francia |
Fundador | Armand Peugeot |
Persoas clave | Linda Jackson (CEO) |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Número de empregados | 120.000 |
Na rede | |
https://www.peugeot.com/en/, https://www.peugeot.de, https://www.peugeot.fr/, https://www.peugeot.co.uk/ e https://carros.peugeot.com.br/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Peugeot é unha marca fabricante de automóbiles, bicicletas e ciclomotores con sede en Poissy, Francia.[1] Dende 2021 é unha filial de Stellantis.[2][3][4]
A empresa familiar que precedeu ás actuais empresas Peugeot foi creada en 1810,[5] converténdoa nunha das empresas de automóbiles máis antigas do mundo.[6] O 20 de novembro de 1858, Émile Peugeot solicitou a marca rexistrada do león. Armand Peugeot (1849–1915) construíu o primeiro vehículo da compañía, un triciclo a vapor. En 1886, a compañía colaborou con Léon Serpollet, seguido do desenvolvemento dun coche de combustión interna en 1890, que utilizaba un motor Panhard - Daimler.[7]
A familia e a empresa Peugeot son orixinarias de Sochaux, onde Peugeot aínda opera unha grande instalación de fabricación e o Museo Peugeot.
Historia
[editar | editar a fonte]A orixe da empresa Peugeot remóntase ós inicios do século XIX, cando Jean-Jacques Peugeot se instala preto de Doubs onde comenza a fabricar muíños de café. Este primeiro medio de produción trae como consecuencia despois do seu falecemento a creación dunha fábrica para a construción de muíños en Sous-Cratet. Os seus dous fillos, Jean-Pierre Peugeot e Jean-Georges Peugeot, crearán posteriormente un imperio produtivo. O menor dos dous, Jean-Pierre, lánzase posteriormente no sector do téxtil en Hérimoncourt. Este terá dous fillos, Jean-Pierre Peugeot júnior e Jean-Frédéric Peugeot, que transformarán o muíño de Sous-Cratet nunha fundación.
É en 1832 cando Jean-Pierre Peugeot funda a sociedade "Peugeot Frères aìnés" para a explotación da fundación de Sous-Cratet. Os resultados son bos e en 1833 unha segunda fábrica en Terre-Blanche é construída. En 1852 Jean-Pierre júnior morre deixando dous fillos, Jules e Émile. Estes dous van a explotar novos sectores do comercio da época.
En 1885 Armand Peugeot interésase por un novo invento, a bicicleta (que segue hoxe en día baixo o nome de Peugeot Cycles). Cabe aclarar que a familia Peugeot destacouse tamén (e aínda o fai) na fabricación artesanal de pementeiros e saleiros de mesa finamente decorados co león da marca. Tamén fabricaron ferramentas de alta calidade. Finalmente é en 1889 cando Armand se lanza á aventura do automóbil, presentindo o éxito que colleitará este novo medio de transporte. Sen sabelo Armand creou a que é hoxe en día a segunda marca de automóbiles con máis tradición do mundo: Peugeot.
Grupo
- 1974: PSA Peugeot compra Citroën a Michelin.
- 1977: PSA Peugeot absorbe a filial europea da americana Chrysler.
- 1980: PSA convértese en PSA Peugeot-Citroën.
Competición
[editar | editar a fonte]Campionato do mundo de Rallies
[editar | editar a fonte]Peugeot foi o dominador dos rallies do Grupo B co Peugeot 205 Turbo 16 durante os anos 1985 e 1986, tanto na categoría de construtores como na de pilotos, con Timo Salonen e Juha Kankkunen. A marca retirouse coa supresión da categoría Grupo B.
Peugeot regresou ó campionato do mundo de rallies a finais de 1999 co Peugeot 206 WRC, ganando tres veces o campionato de construtores (2000, 2001 e 2002) e dous o de pilotos con Marcus Grönholm (2000 e 2002). No ano 2004 o Peugeot 206 WRC é substituído polo 307, pero non consegue bos resultados. A finais do 2004 Peugeot anuncia a súa retirada ó rematar o 2005.
24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: 24 Horas de Le Mans.
- 1988: Peugeot alcanza co seu WM P 88 os 407 km/h na "Ligne Droite des Hunaudières" no circuíto da Sarthe, o que significou un novo récord aínda vixente.
- 1992: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Warwick, Dalmas e Blundell.
- 1993: Peugeot gaña as 24 Horas de Le Mans co seu bólido 905, triplete de Brabham, Helary e Bouchut.
Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Fórmula 1.
- 1994: Peugeot participa na máxima especialidade da man do equipo McLaren, logrando o carto posto no Mundial de Construtores.
- 1995 - 1997: Peugeot cambia os McLaren polos Jordan, sendo quintos no Mundial en ambos anos.
- 1998 - 2000: Menos afortunada a última etapa de Peugeot na Fórmula 1, estando tres anos asociados a Prost, a escudería do mítico Alain Prost.
O propulsor Peugeot mostrouse sempre como un dos máis potentes e fiables nas súas diferentes versións. Peugeot retiraríase da Fórmula 1 en 2000, deixando tras de si a participación en 115 Grandes Premios.
Modelos
[editar | editar a fonte]Series
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]Tipo | Período | Modelo |
---|---|---|
Clásicos | Peugeot Type 1 | |
Peugeot Type 2 | ||
Furgoneta | Peugeot Expert | |
1994 | Peugeot Boxer | |
1997 | Peugeot P4 | |
Motocicletas | 2004 | Peugeot Speedfight 2 |
Peugeot Fox | ||
Prototipos | 1984 | Peugeot Quasar |
1986 | Peugeot Proxima | |
1988 | Peugeot Oxia | |
1994 | Peugeot Ion | |
1996 | Peugeot Touareg | |
1996 | Peugeot Asphalte | |
1997 | Peugeot 806 Runabout | |
1998 | Peugeot 20♥ | |
1998 | Peugeot 206 Escapade | |
2000 | Peugeot Les City Toyz | |
2000 | Peugeot 607 Féline | |
2002 | Peugeot Sésame | |
2002 | Peugeot 607 Pescarolo | |
2002 | Peugeot 3♥7 cc | |
2002 | Peugeot H2O | |
2002 | Peugeot RC | |
2003 | Peugeot Hoggar | |
2003 | Peugeot 407 Elixir | |
2003 | Peugeot 4002 | |
2004 | Peugeot 407 Silhouette | |
2004 | Peugeot Quark | |
2004 | Peugeot 907 | |
2005 | Peugeot Cupé 407 Prologue | |
2005 | Peugeot 20Cup | |
2006 | Peugeot 908 RC |
Peugeot — Unha marca do Grupo PSA — desde 1950 ata o presente | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | 1950s | 1960s | 1970s | 1980s | 1990s | 2000s | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | |||||||
Mini | 104 | 106 | 107 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Compacto | 203 | 204 | 205 | 206 | 207 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
304 | 305 | 306 | 307 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Clase media | 403 | 404 | 405 | 406 | 407 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alta gama | 504 | 505 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
604 | 605 | 607 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Monovolume | 806 | 807 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Minivolume | 1007 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
SUV (4x4) | Peugeot P4 | 4007 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peugeot España (en castelán)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Peugeot". autosnuevoschile.cl. Arquivado dende o orixinal o 2017. Consultado o 2017.
- ↑ "Peugeot 408 GT, our 7th car in Dubai: Initial ownership experience". team-bhp.com. Consultado o 2024.
- ↑ "PEUGEOT Appoints Accenture Song as Global Creative Agency of Record". newsroom.accenture.com. Consultado o 2023.
- ↑ "Autonomous Peugeot E-Legend concept is the car of the future". supercarblondie.com. Consultado o 2024.
- ↑ "History of the Peugeot family, pioneers of the French industry". peugeot.com. Arquivado dende o orixinal o 2017. Consultado o 2017.
- ↑ "9 Oldest Car Companies in the World". oldest.org. Consultado o 2023.
- ↑ Darke, Paul (1974). "Peugeot: The Oldest of Them All". World of Automobiles 15: 1683.