Saltar ao contido

Piso (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correspondencia entre unidades xeocronolóxicas e cronoestratigráficas
Xeocronolóxicas
(tempo)
Cronoestratigráficas
(corpos de rocha)
Eón
Eonotema
Era
Eratema
Período
Sistema
Época
Serie
Idade
Piso
Cron
Cronozona

O piso é unha unidade cronoestratigráfica formal que representa o conxunto de rochas formadas durante un determinado tempo da historia xeolóxica.

Cada piso é equivalente a unha idade da escala temporal xeolóxica, cunha duración media de poucos millóns de anos.[1]

Hai 99 pisos definidos ou en proceso de definición, que cobren todo o Fanerozoico (sen contar o Holoceno), e que por convenio teñen o mesmo nome que as sús idade correspondente.[2]

Os pisos agrúpanse en series, ao igual que as idades se agrupan en épocas (equivalentes unha a unha as series). Os pisos poden subdividirse en unidades estratigráficas máis pequenas, cronozonas ou biozonas, segundo se usen criterios magnetoestratigráficos ou bioestratigráficos respectivamente.

  1. Comisión Estratigráfica Internacional "Chapter 9. Chronostratigraphic Units». En: International stratigraphic guide.
  2. As rochas precámbricas non se puideron diferenciar a nivel de piso, polo que as divisións menores para a escala cronoestratigráfica global para o Precámbrico se recoñerceron até a categoría de sistema.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeoloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.