Saltar ao contido

Plana d'Utiel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPlana d'Utiel
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°29′26″N 1°12′48″O / 39.4906, -1.2133
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia Editar o valor en Wikidata
CapitalRequena Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación37.536 (2022) Editar o valor en Wikidata (21,75 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie1.725,9 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude894 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico del Remedio (1.307 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con

A comarca de Requena-Utiel (Plana d'Utiel en valenciano) é unha bisbarra que pertence administrativamente a Comunidade Valenciana, España. É un altiplano castelán que na división provincial de Javier de Burgos de 1833, se incluíu na provincia de Cuenca. Non obstante, foi incorporada á provincia de Valencia en 1851, constituíndo (trala división en dúas provincias das Illas Canarias) a modificación máis importante que sufriu a división provincial de Javier de Burgos con posterioridade ao seu establecemento.

Mapa das bisbarras da Comunidade Valenciana.

Situación xeográfica

[editar | editar a fonte]

Limita polo norte e oeste con Castela-A Mancha (bisbarra de La Manchuela), ao nordés coa bisbarra de Los Montañeses, ao leste coa de Fosa de Buñol e ao sur coa do Val de Ayora. Delimitada pola Serra do Remedio ao norte, a Serra de Mira ao noroeste, Serras de el Tejo e Cabrillas ao leste, o río Cabriel ao sur e oeste. Sucada polo río Magro que nace en Utiel da unión do río Madre ou de Caudete e o corgo de La Torre. Dende o punto de vista xeográfico e histórico, a bisbarra de Requena-Utiel é en realidade parte da Manchuela.

A bisbarra forma unha meseta ou altiplano relativamente chaira, basculada de NON (900 m de altitude en Camporrobles) a SUESTE (600 m en Campo Arcís) e cunha altura media de 750 metros.

O clima é continental atenuado, con invernos moi fríos e prolongados con xeadas tardías, veráns calorosos con tormentas estivais e sarabiadas. O máximo de precipitacións prodúcese en outono e primavera.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concello Poboación Superficie Densidade
Requena 21.278 814,20 25,10
Utiel 12.449 236,90 52,55
Venta del Moro 1.526 272,60 5,33
Camporrobles 1.299 89,50 15,69
Sinarcas 1.297 102,50 11,71
Caudete de las Fuentes 919 34,60 22,34
Fuenterrobles 792 49,50 14,76
Villargordo del Cabriel 692 54,50 12,18
Chera 619 71,60 9,27

Esta historia é característica de toda a zona. Xa en 1219 Utiel e en 1238 Requena son conquistadas polo Reino de Castela, entrevistándose ese mesmo ano en Requena os monarcas castelán e aragonés para acordar as novas fronteiras dos seus reinos. Pouco despois toda a bisbarra (agás de Sinarcas e Chera) xunto coa actual localidade conquense de Mira (provincia de Cuenca) constitúese como Comunidade de Vila e Terra, sendo nomeada Requena cabeza desta e outorgándoselle a esta Comunidade o Foro de Cuenca. En 1369 Requena é conquistada polo rei de Aragón, volvendo ao reino de Castela tres anos despois. Ata a unificación de todos os reinos da península cos reis católicos é unha constante os enfrontamentos entre as distintas vilas situadas nas fronteiras. Dende entón non volveron os enfrontamentos ata as guerras carlistas no século XIX, cando os distintos concellos da bisbarra toman partido por uns ou por outros. Nesas guerras, por exemplo Requena toma partido por Isabel II mentres que Utiel o fai polo infante Carlos.[1] O 2 de xullo de 1837 rematan os enfrontamentos definitivamente e é proclamada a nova Constitución, xurada por todos os concellos.

Outro exemplo é o da poboación de Chera, fundada polos almorábides, os cales construíron o seu castelo no século XII, que en 1238 pasou a pertencer ao Reino de Valencia situéndose na fronteira co Reino de Castela. Pola súa situación, durante a Guerra das fronteiras foi tomada por tropas castelás pasando a formar parte dese reino ata 1436, cando finalizou o conflito. En 1525 expúlsanse os mouriscos quedando despoboada ata 1540 cando se establecen nela doce familias cristiás.[2] A partir de entón unifícanse os reinos en España, pero o territorio segue a pertencer a unha familia valenciana ata o 1800, cando pasa ás mans da Duquesa de Almodovar (Córdoba), en 1814 pasa ao Barón de Cortes de Pallás (Valencia), pero xa a finais do século XIX un xudeu madrileño (José Enríquez Juana) compra todos os terreos do señorío, vendéndoos en 1921 a unha familia de Requena (Jordá) e a seis cherans. Anos máis tarde os Jordá venderon as súas terras a outros cherans.

Se trata dunha bisbarra monolingüe castelá do interior da Comunidade Valenciana, no límite con Castela A Mancha, pois ata a súa incorporación á rexión valenciana no século XIX, Requena-Utiel pertenceu a Castela (concretamente á provincia de Cuenca).

Delimitacións históricas

[editar | editar a fonte]

Requena-Utiel é unha bisbarra histórica que xa aparecía baixo o nome de Pla de Requena no mapa de bisbarras de Emili Beüt: Comarques naturals del Regne de València publicado no ano 1934 (hoxe en día chamada Plana d'Utiel en valenciano). A única diferenza é que os concellos de Chera e Sinarcas (historicamente valencianos), pertencían á bisbarra de Los Montañeses, mentres que o resto de concellos da actual Requena-Utiel, formaron parte de Castela ata o século XIX.

Influencía castelá

[editar | editar a fonte]
Situación da comarca dentro de Castela segundo as reclamacións pancastelanistas.

Debido a que esta bisbarra, máis alá de divisións administrativas, foi ao longo da historia territorio de Castela, e a que as súas tradicións e costumes están aínda hoxe máis ligados á castelá provincia de CuencaComunidade Valenciana, diferentes partidos políticos castelanistas inclúen á bisbarra de Requena-Utiel como parte de Castela, pedindo a súa volta á provincia de Cuenca; así, por exemplo, agrupacións culturais e políticas castelanistas como Tierra Comunera, Izquierda Castellana, o Partido Castellano ou no seu día Comunidad Castellana son deste parecer. Tamén manifestaron esta opinión algúns líderes do desaparecido partido conquensista Independientes por Cuenca, como Antonio Melero.

No ámbito eclesiástico, pertenceu ao Bispado de Cuenca ata 1955.

  1. "Guerras carlistas na bisbarra Requena-Utiel". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2013. Consultado o 20 de outubro de 2013. 
  2. Historia de Chera

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]