Saltar ao contido

Planeta Vexeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Planeta Vexeta (惑星ベジータ Wakusei Bejīta?) é un planeta ficticio pertencente ó universo de Dragon Ball creado por Akira Toriyama. Era o planeta dos Guerreiros do espazo e dos Tsufur. A súa gravidade era 10 veces superior á do planeta Terra, o cal fixo que os seus moradores adquirisen unha fisionomía especialmente forte e resistente.

O planeta orixinalmente chamábase Planeta Plant, ata que os seus habitantes descubriron no espazo unha nave vagabunda. Recollérona e viron que dentro viaxaba outra raza, a dos Saiyan, estes eran tecnoloxicamente atrasados, e cando os salvaron do espazo os habitantes do Planeta Plant (os Tsufur), deixáronos a un lado do planeta para que viviran en paz, pois os Saiyan son unha raza moi belicosa.

Pasou o tempo e os enfrontamentos entre os dous pobos era cada vez maior, ata que un día un dos Saiyan decidiu facer unha revolta contra os Tsufur. Este Saiyan era o Rei Vexeta (o pai de Vexeta), e na feroz batalla os guerreiros do espazo tiveron a sorte de que aquel día saíra a lúa chea (que en Plant só sae cada 8 anos) e conseguiran exterminar os tsufur. O Rei Vexeta despois diso proclamouse rei de todo o planeta e púxolle o seu nome para que a súa fazaña non fose esquecida.

Tempo despois, os Saiyan fixeron unha alianza con Freezer. Este prometéralles a expansión do seu pobo en troques de conquistar planetas para el. O Rei Vexeta rebelouse un día contra o goberno do tirano Freezer e enfrontouse a el, provocando así a súa morte e a destrución do planeta.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]