Saltar ao contido

Pokémon Pinball: Ruby & Sapphire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pokémon Pinball: Ruby & Sapphire
Desenvolvedor(es)Jupiter
Distribuidora(s)Nintendo
The Pokémon Company
Lanzamento 1 de agosto de 2003
América do Norte: 25 de agosto de 2003
Rexión PAL: 14 de novembro de 2003
XéneroPinball
Modos de xogoUn xogador
Clasificación PEGI
Plataforma(s)Game Boy Advance
SeriePokémon
editar datos en Wikidata ]

Pokémon Pinball: Ruby & Sapphire (ポケモンピンボール ルビー&サファイア Pokemon Pinbōru Rubī & Safaia?) é un videoxogo de 2003 desenvolvido por Jupiter, publicado por The Pokémon Company e distribuído por Nintendo para a consola Game Boy Advance. O xogo revelouse en E3 2003. O lanzamento en América do Norte realizouse facéndoo coincidir co quinto aniversario do lanzamento norteamericano de Pokémon Red e Blue. Baséase en Pokémon Ruby e Sapphire, e é a secuela de Pokémon Pinball de Game Boy Color. O modo de xogo é un pinball tradicional, onde o obxectivo é conseguir a maior puntuación mantendo a bóla en xogo tanto como é posible. Mantendo o espírito de Pokémon, o xogador debe capturar todos os Pokémon mentres xoga.

Ruby & Sapphire recibiu polo xeral valoracións positivas. Foi ben recibido logo do seu anuncio en E3 por publicacións como IGN e GameSpy.[1]

  1. "Pokemon Pinball: Ruby and Sapphire E3 2003 Movie". FilePlanet. 20 de maio de 2003. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2012. Consultado o 4 de outubro de 2010.