Pom Poko
Aparencia
Pom Poko | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 平成狸合戦ぽんぽこ Heisei Tanuki Gassen Ponpoko |
Director | Isao Takahata |
Produtor | Toshio Suzuki |
Guión | Isao Takahata |
Intérpretes | Kokontei Shinchou Makoto Nonomura Yuriko Ishida |
Música | Shang Shang Typhoon |
Fotografía | Atsushi Okui |
Montaxe | Takeshi Seyama |
Estudio | Studio Ghibli |
Distribuidora | Toho |
Estrea | 16 de xullo de 1994 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Fantasía |
Na rede | |
http://movies.disney.com/pom-poko e https://www.ghibli.jp/works/tanuki/ | |
Pom Poko (平成狸合戦ぽんぽこ Heisei Tanuki Gassen Ponpoko?) é un filme xaponés de 1994 de comedia e fantasía dirixido por Isao Takahata, producido por Studio Ghibli e distribuído por Toho.
Baséase no folclore do Xapón e conta a historia dos cans mapaches xaponeses, que son representados como unha especie máxica, altamente sociable e quen de empregar a "ciencia da ilusión" para transformarse en calquera cousa, ó igual que os kitsune (raposos) e outras figuras cambia-formas. Visualmente, os cans mapaches son representados de tres xeitos diferentes: como animais realistas, como animais antropomórficos que ocasionalmente levan roupa, e como figuras de debuxos baseadas no manga de Shigeru Sugiura (do cal Takahata é grande afeccionado).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pom Poko |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
- Yōkai