Saltar ao contido

Portu Zaharra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortu Zaharra
Imaxe

Localización
Mapa
 43°20′58″N 3°00′53″O / 43.34951, -3.01484
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaBiscaia
ConcelloGetxo
BarrioAlgorta Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Patrimonio construído vasco salientable
Identificador276

Portu Zaharra.

Algortako Portu Zaharra (en castelán: Puerto Viejo de Algorta) é un barrio de pescadores do concello de Getxo, en Biscaia.

O barrio sobreviviu ao paso do tempo conservando o seu encanto. Xurdiu no século XVIII como vila de pescadores e xa no século XIX estendeuse cara ao interior formando o barrio de Algorta. Articúlase arredor de tres rúas: Kale Berria, Erribera e Portu Zaharra.

As casas de pescadores de cores alegres forman calexas desordenadas e estreitas onde hai un gran número de restaurantes e tabernas. É un lugar de encontro de getxotarras e visitantes para tomar pintxos ou dar unha volta.

Nas festas populares deste pequeno porto naceu un dos combinados máis internacionais, o kalimotxo.