Purplewashing
Purplewashing (lavado lila ou lavado de imaxe púrpura) é un préstamo lingüístico (do inglés purple, morado, e whitewash, blanquear ou encubrir) para referirse, no contexto feminista, á variedade de estratexias políticas e de mercadotecnia dirixidas á promoción de institucións, países, persoas, produtos ou empresas apelando ao seu compromiso coa igualdade de xénero.[1][2][3]
A expresión é especialmente usada para referirse ao lavado de imaxe dos países occidentais que, sen conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres, escusan este déficit en que as mulleres doutros países ou culturas aínda teñen peores condicións de vida, referíndose frecuentemente aos de maioría musulmá.[1][2][3]
Xeralmente utilízase este termo para denunciar o uso sectario que se fai do feminismo para amparar discursos ou políticas xenófobas e de promoción da islamofobia.[3] Ademais, tamén se utiliza para sinalar o compoñente paradoxalmente sexista que teñen moitas destas accións ao aplicarse unicamente en mulleres, como a prohibición de vestir determinadas pezas de roupa ou a negación de certos servizos.[1][2]
Para moitas activistas feministas, ante a instrumentalización dos dereitos das mulleres, a única resposta posible e liberadora para todas as minorías é a solidariedade interseccional entre os diferentes grupos oprimidos, como son as mulleres e as migrantes.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 (en castelán) Burkas en el ojo ajeno: el feminismo como exclusión. Pikara Magazine. 4 de decembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 (en castelán) Del pornoburka al purplewashing, los trucos más sucios contra el feminismo. El Confidencial. 3 de abril de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 (en castelán) 'Purplewashing' o acordarse del feminismo cuando interesa. Eldiario.es. 29 de agosto de 2016.