Saltar ao contido

Río Duratón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Duratón
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPeña Cebollera Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Douro Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°34′59″N 4°07′19″O / 41.583, -4.122
Afluentes
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións106 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.487 km² Editar o valor en Wikidata
O río ao seu paso pola ponte románica de Duratón.

O Duratón é un río do centro de España, afluente pola marxe esquerda do río Douro que discorre polas provincias de Madrid, Segovia e Valladolid. Ten unha lonxitude de 106 km e drena unha conca de 1.487 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Duratón nace no termo municipal de Somosierra (Madrid) a partir da confluencia do arroio das Pedrizas e do arroio da Peña, onde se atopan as ruínas do muíño da Peña del Chorro, nas saias de peña Cebollera, na serra de Ayllón. Abandona Madrid case ao comezo e intérnase na provincia de Segovia, onde pasa por Duratón, localidade á que dá nome, e rodea Sepúlveda, para ser encorado en Burgomillodo, e por San Miguel de Bernuy. É de novo encorado en Las Vencías e rega Fuentidueña, para desembocar na marxe esquerda do río Douro, xunto a Peñafiel, na provincia de Valladolid. Os seus afluentes son os ríos Hoz, Serrano, Caslilla e San Juan.

No seu tramo medio atópase o Parque Natural das Hoces del Río Duratón. Sobre un dos meandros que forman os canóns do río, no mesmo corazón do parque, eríxese a ermida dedicada a San Frutos, o lugar do parque que máis visitas recibe. A súa localización, ao pé do cantil, permite apreciar optimamente o canón que forma o río Duratón e o remanso que se crea co encoro da próxima presa de Burgomillodo.

O río Duratón pasa pola localidade valisoletana de Rábano, situada a nove quilómetros de Peñafiel, que é onde desemboca o río. O termo de Rábano é un coto de pesca moi demandado pola existencia da troita arco da vella así como do cangrexo sinal.