Río Queiles
Aparencia
Río Queiles | |
---|---|
País | España |
Provincia | Soria Zaragoza |
Nacemento | Vozmediano (Moncayo) |
Altitude | 920 msnm |
Lonxitude | 45 km |
Conca | 509 km² |
Desembocadura | Río Ebro |
O río Queiles é un río español, afluente do río Ebro pola beira dereita, no cal desauga despois dun curso de 45 km.
Percorrido
[editar | editar a fonte]O Queiles nace na localidade de Vozmediano, preto do Moncayo, na provincia de Soria, a 920 m de altitude. Entra logo na provincia de Zaragoza, na cal atravesa as poboacións de Tarazona, Novallas e Los Fayos.
Finalmente, pasa pola Ribeira da Navarra, onde baña as localidades de Monteagudo, Tulebras e máis Murchante, para se xuntar, por último, coas augas do Ebro en Tudela.
Conca e caudal
[editar | editar a fonte]A bacía de Queiles ocupa 509 km². Deita no Ebro 20 hm3 anuais.
Explotación
[editar | editar a fonte]No seu curso hai unha piscifactoría e tres centrais hidroeléctricas. Parte do seu caudal é desviado para subministrar auga á cidade de Zaragoza.