Río Xares
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Altitude inicial | 2.046 m | |||
División administrativa | provincia de Ourense, España | |||
Localización | Pena Trevinca | |||
Final | ||||
División administrativa | provincia de Zamora, España | |||
Localización | río Bibei | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño | |||
Características | ||||
Dimensións | 50,83 () km | |||
Medicións | ||||
Caudal | 6,39 m³/s | |||
O río Xares é un afluente do Bibei pola súa beira dereita (que á súa vez é afluente do Sil), tendo todo o seu percorrido -47,5 km- dentro da provincia de Ourense. Dálle nome á parroquia de Santa María de Xares (A Veiga).
Curso
[editar | editar a fonte]O Xares nace nas inmediacións da Pena Trevinca, a 1.900 m de altura, no concello da Veiga, e únese ao Bibei en Entrambasaugas, nas proximidades de Chandoiro, no concello do Bolo. Desde o seu nacemento atravesa os concellos de A Veiga e O Bolo, facendo ao final linde entre este concello e o de Larouco. Na confluencia do Xares e o Bibei, confinan os concellos do Bolo, Larouco e Manzaneda.
O seu afluente principal é o río de Corzos, que o recolle pola esquerda.
A superficie da súa cunca é de 311 km². O réxime do río é de tipo pluvio-nival, o que significa que ademais dos máximos de caudal nos meses invernais, tamén os mantén na primavera a causa da afluencia de augas de desxeo.
O Xares ábrese nas proximidades da localidade da Veiga, cabeza do concello homónimo, o que se mantiña na Alberguería, hoxe lugar desaparecido baixo as augas do encoro de Prada, a partir de aí corre encaixado ata a súa unión co Bibei.
Ademais do encoro de Prada, o Xares remansa noutro: o de Santiago ou Santalla.