Rafael Souto
Nome orixinal | Rafael Ángel Souto Castro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 24 de outubro de 1930 (94 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1952 - 1956 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1954 | Mundial de Fútbol Suíza 1954 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1953 | Campeonato Sul-Americano de Futebol de 1953 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rafael Ángel Souto Castro, nado en Montevideo o 24 de outubro de 1930, é un ex futbolista uruguaio, de orixe galega. Xogaba como dianteiro e foi internacional coa selección uruguaia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seus pais, dous emigrantes galegos, naturais el de Arteixo e ela de Carballo, instaláranse nos anos 20 en Montevideo, onde naceu Rafael en 1930.[1]
Na segunda metade da década de 1940 incorporouse ás categorías inferiores do Nacional, o equipo máis importante do Uruguai. Debutou co primeiro equipo en 1952, e conquistou ese ano o campionato de primeira división, formando dianteira con Jorge Enrico, Julio Pérez, Javier Ambrois e o tamén descendente de galegos Héctor Rial.[2] Xogou dous anos máis en Nacional, obtendo dous subcampionatos de liga e a Copa Montevideo de 1953.
En febreiro de 1955 viaxou a España para incorporarse ás filas do Atlético de Madrid. A fichaxe foi propiciada pola mediación de Héctor Scarone e o prezo do traspaso foi de 20.000 pesos uruguaios.[3][4] Tras disputar poucos partidos co club madrileño, foi cedido na tempada seguinte ao Elche, co que logrou o ascenso á Segunda División.
Regresou logo ao Uruguai, onde estivo ata agosto de 1958, momento no que chegou a Galicia para fichar polo Deportivo da Coruña por dúas tempadas.[5][6] Fíxoo por recomendación do tamén uruguaio Dagoberto Moll, a quen coñecera na súa etapa no Elche e que regresou ese ano ao Deportivo xunto con Oswaldo. Disputou 18 partidos co club coruñés en Segunda División e marcou 4 goles, perdendo a titularidade fronte a Amancio.[7] Ao remate da tempada o club decidiu reducir o cadro de xogadores desfacéndose dalgúns futbolistas con fichas altas, sendo Souto un deles, polo que acabou aí a súa etapa no Deportivo.[8][9]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección de fútbol do Uruguai en seis ocasións, disputando o Campionato Suramericano de 1953 no Perú e o Mundial de 1954 en Suíza.[10][11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rafael Souto, un arteixán nas semifinais do Mundial de 1954". 18 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2021. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ Fascioli, Pablo (2 de febreiro de 2017). "Final del 52 y el tri 1955-1956-1957" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2020. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Scarone trae un delantero centor para el Atlético de Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 22 de febreiro de 1955. p. 9. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Llegó a Madrid el futbolista internacional uruguayo, Souto". El Correo Gallego (en castelán). 24 de febreiro de 1955. p. 4. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Breve charla con el uruguayo Souto". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de agosto de 1958. p. 4.
- ↑ "Oswaldo y Souto firmaron por el Deportivo". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de agosto de 1958. p. 7. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Jaime Blanco, el jugador más discutido del Deportivo". La Noche (en castelán). 7 de outubro de 1961. p. 4. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "El Deportivo quiere reducir su plantilla de jugadores". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de febreiro de 1959. p. 8. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Situación deportivista". La Noche (en castelán). 3 de xullo de 1959. p. 6. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "1954 FIFA World Cup Switzerland". fifa.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2012. Consultado o 4 de novembro de 2020.
- ↑ "Ficha de Rafael Souto de Souto na Asociación Uruguaia de Fútbol". www.auf.org.uy (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Montevideo
- Nados en 1930
- Uruguaios de ascendencia galega
- Futbolistas do Uruguai
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Club Nacional de Football
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954