Ramón Caamaño Paz
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Ramón Caamaño Paz foi un mestre e xornalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre en Mondoñedo e despois en Santiago de Compostela, onde presidiu a Asociación de mestres do distrito universitario e dirixiu o periódico pedagóxico El Entusiasta (1893-1900)[1]. Xubilouse como mestre en 1910.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa tamén mestra Carolina López Domínguez.
Obras
[editar | editar a fonte]- Nociones de agricultura.
- Nociones de historia de España para las escuelas, 1893.
- Sucinta idea de análisis lógico, 1897.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Mortero, 29-3-1896, p. 1-2