Ramón López-Suevos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (80/81 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | economista |
Familia | |
Cónxuxe | Manuela Fraguela Elvira Souto |
Ramón López-Suevos Fernández, nado en Ferrol en 1943, é un economista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do coronel Andrés López-Suevos Alonso, sobriño do falanxista, director de TVE e presidente nos anos 50 do Atlético de Madrid Jesús Suevos Férnandez-Jove. Licenciado en Ciencias Económicas en Madrid, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela, completando estudos en Francia como bolseiro (Universidade da Sorbona, París). Trasladouse a Santiago de Compostela en 1970, e incorporouse como profesor á Facultade de Económicas en 1971. Tras varios anos acadou a Cátedra na Universidade de Santiago de Compostela. É autor de diversos libros sobre sociopolítica e economía.
Foi un dos fundadores do BNG. Militou na UPG, incorporándose ao Comité central da organización en xullo de 1976. Participou na redacción das Bases constitucionais en 1977.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Manuela Fraguela e é pai da xuíz Ana López-Suevos Fraguela. A súa parella posterior é a escritora e activista Elvira Souto.
Obras
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Cara unha visión crítica da economía galega, 1975.
- Escedente económico e análise estructural, 1977, Galaxia.
- Do capitalismo colonial, 1979, Edicións do Cerne.
- A estructura espacial interna da economía española: unha crítica da posición autonomista, 1981, Xistral.
- Dialéctica do desenvolvimento: naçom, língua, classes sociais, 1983, AGAL.
- Portugal no quadro peninsular, 1987, AGAL.
- O outro desenvolvemento, 1990, Novo Século.
- Socialismo e mercado, 1992, Laiovento.
- A Sede da terra: economía da áuga, 1995, Laiovento.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- A contaminación na Galicia, 1975, Edicións do Rueiro.
- A Galicia rural na encrucillada, 1975, Galaxia.
- Problemática nacional e colonialismo: o caso galego (en colaboración con Francisco Rodríguez), 1978, Xistral.
- Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL.
- Estudio del sector forestal en Galicia, 1989.