Real Casa da Moeda da Coruña
- Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda
Casa da Moeda | |
---|---|
Cuartel de San Domingos. | |
Edificio | |
Localización | Praza de San Domingos, 1 15001, A Coruña |
Coordenadas | 43°22′11″N 8°23′28″O / 43.36972222, -8.39111111 |
Dimensións | |
Plantas | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Real Casa da Moeda da Coruña foi unha ceca establecida na Coruña que bateu moeda entre os reinados de Afonso VIII (1188-1230) e Carlos II (1665-1700). Foi a principal ceca establecida en Galicia, a que máis moeda cuñou e durante máis tempo.
Historia
[editar | editar a fonte]Non hai documentación de cando se estableceu exactamente a ceca da Coruña, mais sábese que debeu ser entre o 1210 e o 1230 cando se cuñou a primeira moeda, a nome de Afonso IX.
En 1367 Fernando I de Portugal entrou en Galicia e coroouse rei na cidade da Coruña. Tomou a casa da moeda e ordenou a emisión de moeda de tipo e denominación igual á portuguesa. En 1371 a ceca coruñesa volveu a mans dos reis de Castela e bater a súa moeda.
No reinado de Henrique IV (1454-1474) a ceca da Coruña adquiriu o seu máximo esplendor ó emitir tódolos valores que se emitían no reino. A partir do Ordenamento de Segovia, en 1471, declarouse oficialmente que a cuncha de vieira se empregase no reverso coma sinal identificativo das moedas cuñadas na Coruña. Este feito era habitual nas moedas batidas anteriormente mais non era exclusivo desta ceca, xa que as cuñaxes da ceca compostelá tamén portaban a cuncha como marca de ceca. De feito cando ámbalas dúas cuñaban durante un mesmo período de tempo (por exemplo durante o reinado de Henrique II), os numismas diferenciábanse polas lendas que portaban.
Ata o reinado de Pedro I bateuse principalmente moeda de billón, mais posteriormente a prata adquiriu preponderancia.
Localización
[editar | editar a fonte]A Casa da Moeda da Coruña estaba situada na Cidade Vella. O edificio actual, dos séculos XVII-XVIII, foi ocupado posteriormente polo Cuartel de San Domingos, que recibiu este nome por estar situado a carón do convento homónimo.[1][2]
Moedas
[editar | editar a fonte]- Cornado: Sancho IV, Afonso XI, Henrique II, Henrique III, Xoán I, Xoán II
- Diñeiro: Afonso IX, Fernando II, Afonso X, Afonso XI, Henrique IV
- Pepión: Afonso X, Fernando IV
- Noven: Afonso X, Afonso XI, Henrique II, Henrique III
- Meaja: Afonso IX, Afonso X
- Óbolo: Afonso X
- Pujesa: Afonso X
- Seisén: Afonso X
- Dobra: Pedro I, Xoán II
- Real: Pedro I, Henrique II, Xoán I, Henrique IV, Isabel
- Tornés: Fernando I de Portugal
- Barbuda: Fernando I de Portugal
- Cruzado: Henrique II
- Branca: Henrique III, Xoán II, Henrique IV, Isabel
- Cuartillo: Henrique IV
- Castelán: Henrique IV
- Marabedí: Henrique IV
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ PEPRI
- ↑ Malvido, Gemma (17 de outubro de 2014). "Las huellas de la Casa de la Moneda". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Casa da Moeda da Coruña |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Moeda cuñada en Galicia
- Historia da moeda en Galicia
- Ceca de Lucus Augusti
- Ceca de Santiago de Compostela
- Real Casa da Moeda de Xuvia
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto (2010). As moedas medievais galegas. Serie Trivium de Editorial Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-34-4.
- MURO CARVAJAL, José (1888). Casa Real de la moneda de La Coruña. Coruña.
- OROL PERNAS, Antonio (1974). "Ordenación cronológica de las acuñaciones coruñesas de Alfonso XI". en Nvmisma, núm. 120-131. Madrid.
- OROL PERNAS, Antonio (1980). "Numismática gallega". en Nvmisma, núm. 162-164. Madrid.
- Paz Bernardo, Jaime (1991). Las Monedas acuñadas en Galicia. FILABO S.A. ISBN 84-404-3158-9.
- Paz Bernardo, Jaime (1992). "Un real de Enrique II con ceca de La Coruña ¿inédito?". en Gaceta Numismática, 104.
- Paz Bernardo, Jaime (2002). MOEDAS GALEGAS do Século IX a.C. O Século XXI d.C. Editorial Deputacion Ourense. ISBN 978-84-607-6330-7.
- PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2.
- URGORRI, Iago (2003). "Notas sobre dúas pezas de Coruña e Ponferrada de Henrique II". en Mostra Filatélica-Numismática enteiros postais, Círculo Filatélico-Numismático de Noia.
- URGORRI, Iago (2009). "Notas sobre dos variantes inéditas del Reino de Castilla y León". en Revista de Numismática OMNI, Nº 1, Édition VIIRIA. ISBN 978-2-9530838-1-1.