Receptores de TGF-beta
Os receptores do factor de crecemento transformante β (TGFR-β) son receptores dun só paso de membrana e do tipo serina/treonina quinase. Existen en diferentes isoformas, ben homo- ou heterodiméricas.[1] O número de ligandos caracterizados dentro da superfamilia de TGFβ son moitísimos máis que o número de receptores coñecidos até agora, o que suxire a promiscuidade molecular existente entre o ligando e as interaccións dos receptores. Todas as células normais e a maioría das células neoplásicas teñen receptores na súa superficie para o TGF-β1.[2]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Baseándose en propiedades estruturais e funcionais, describíronse tres tipos de receptores por medio dos cales o TGF-β leva a cabo a súa sinalización:[3]
- Receptor de TGF beta 1
- Receptor de TGF beta 2
- Receptor de TGF beta 3
Algúns investigadores propuxeron que existen dous receptores adicionais que son o tipo IV (TGF-βR4) de 60 kDa e o tipo V (TGF-βR5) de 400 kDa, identificados só en células da pituitaria.[3] Adicionalmente, identificouse un heterodímero do TGF-β1.2 en plaquetas porcinas.[2]
Os receptores tipo I e II teñen afinidade similar aos seus ligandos, e distínguense un do outro só polas súas pegadas peptídicas e padróns de expresión.[2] Ámbolos dous tipos de receptores teñen unha afinidade alta polo TGF-β1 e unha afinidade baixa polo TGF-β2. O receptor de TGF-β tipo III ten unha elevada afinidade tanto para o TGF-β1 coma para o TGF-β2 e ademais polo chamado TGF-β1.2.[4]
Función
[editar | editar a fonte]O factor de crecemento transformante β (TGF-β) é o ligando, e está implicado na sinalización parácrina e pódese atopar en moitos tipos de tecidos, como o cerebro, corazón, ril, fígado, e os testículos. A activación do receptor do TGF-β conduce á súa propia fosforilación en certos residuos de serina/treonina e inicia a fosforilación consecuente de proteínas efectoras intracelulares que, unha vez activas, se translocan ao núcleo celular para inducir a transcrición de xenes diana, e así regular procesos e funcións celulares.[3]
Papel en enfermidades
[editar | editar a fonte]A sobreexpresión de TGF pode inducir fibrose renal causando nefropatías, así como diabetes, e finalmente enfermidade renal crónica.[5] Recentes desenvolvementos atoparon que, utilizando tipos seguros de antagonistas contra os receptores TGFβ, pode frear e, nalgúns casos, reverter os efectos da fibrose renal.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Doré JJ, Edens M, Garamszegi N, Leof EB (1998). "Heteromeric and homomeric transforming growth factor-beta receptors show distinct signaling and endocytic responses in epithelial cells". The Journal of Biological Chemistry 273 (48): 31770–7. PMID 9822641. doi:10.1074/jbc.273.48.31770.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Oscar Peralta-Zaragoza, A. Lagunas-Martínez, Vicente Madrid-Marina y (julio-agosto 2001). "Factor de crecimiento transformante beta-1: estructura, función y mecanismos de regulación en cáncer" (PDF) 43 (4). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de diciembre de 2015.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gálvez-Gastélum, Francisco Javier, Sandoval-Rodríguez, Ana Soledad, & Armendáriz-Borunda, Juan. (2004). El factor de crecimiento transformante beta como blanco terapéutico Salud Pública de México, 46(4), 341-350. Acceso o 14 de decembro de 2015
- ↑ Cheifetz S, Andres JL, Massagué J (November 1988). "The transforming growth factor-beta receptor type III is a membrane proteoglycan. Domain structure of the receptor". The Journal of Biological Chemistry 263 (32): 16984–91. PMID 2903157.
- ↑ Hui Yao Lan (septiembre de 2011). "Diverse Roles of TGF-β/Smads in Renal Fibrosis and Inflammation" 7 (7). PMID 3174390.
- ↑ Yanagita M. (2012). "Inhibitors/antagonists of TGF-β system in kidney fibrosis." 27 (10). PMID 23114895. doi:10.1093/ndt/gfs381.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- TGF-beta Receptors Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.