Saltar ao contido

Refoxos, Cortegada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refoxos
Fachada da igrexa parroquial de Refoxos.
ConcelloCortegada[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°12′10″N 8°08′19″O / 42.20289167, -8.13858611
Poboación119 hab. (2017)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

San Breixo de Refoxos é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 132 habitantes, dos cales 78 eran homes e 54 eran mulleres.

Tense constancia documental do século XI cando unha muller (Gulderoda) doa ó mosteiro de Celanova unha igrexa e varios terreos no lugar, o cal indica a existencia de pequenos propietarios de nomes suevos, nos cales a muller ten acceso á propiedade e dereitos para doar, ao tempo que nos fala dunha organización do rural de homes libres que erguen igrexas privadas e non teñen señor feudal. O lugar uniuse co tempo a lugares próximos pertencentes ó mosteiro de Celanova polo que pasou a ser "capital" administrativa de todo o espazo xurídico circundante, o chamado Coto da Vestiaria (xa que as súas rendas se usaban para a vestimenta dos monxes, curas e o seu séquito) que abranguía as actuais parroquias de Refoxos, Soutelo, Cortegada, Rabiño e Valongo, este couto xurisdicional durou dende a Idade Media até o final do Antigo Réxime.[2]

Toda a administración centralizábase no edificio do priorado sito na actual igrexa parroquial, desde onde un monxe administrador levaba a cabo as súas labouras. A raíz da renovación dos foros de 1673 ( para pagar as custosísimas fábricas do mosteiro de Celanova que estaba a ser remodelado baixo a influencia da arquitectura neoclasicista baixo o mandato do mosteiro bieito de Valladolid nunha grave época de crise) os colonos de Refoxos promoveron un ataque nocturno ó priorado de Refoxos, coa intención de matar ó monxe administrador, esnaquizaron o edificio e abriuse un preito que durou 17 anos na Real Audiencia de Galicia. O priorado de Refoxos pagaba 20 foros, a maioría de centeo.[3] Curiosamente o edificio ten dúas troneiras nas súa fachada.

Ó estar preto da fronteira con Portugal, foi utilizado por forzas carlistas como lugar de paso e aprovisionamento, xa que contaban coa axuda do clero e a apatía da poboación rural ante o conflito sucesorio das guerras carlistas, de feito polo lugar estivo a partida de Mateo Guillade que atravesou máis dunha vez por este lugar para refuxiarse en Portugal despois das súas derrotas.

En 1893 constituíuse a nova parroquia de Zaparín, segregándose os seus lugares de Refoxos.[4]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
  • Pazo da Encoutada.
  • Capela da virxe.
  • priorado de Refoxos é unha construción civil do século XVIII, de planta rectangular con troneiras nas esquinas do leste e a igrexa parroquial no extremo oeste. Consta de dous andares unidos por unha escaleira de pedra, vertebrados por un corredor central ó que abren os habitáculos. O piso baixo adicouse a tulla, bodega e cabalarías (onde se atopou un estribo do XIX) e no andar superior varias habitacións e lugares de oficina. As troneiras son circulares sen adornos e cun pequeno orificio de 1 cm de diámetro. Nunha habitación do extremo norte do andar superior existe un habitáculo espazoso que comunica coa igrexa.
  • Cruceiro de Vilaverde, con data de 1610 e nun casal veciño abandonado un peto de ánimas (sen elas) barroco.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Refoxos

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Refoxos no concello de Cortegada (Ourense)

Aldea de Souto | A Canle | Casares da Virxe | Casares de Refoxos | A Encoutada | Muradelle | O Outeiro | A Pereira | A Pousa | O Pousadoiro | Refoxos | O Regueiro | Vilaverde | Vilela

Parroquias de Cortegada

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Cortegada

Cortegada (Santa María) | Louredo (San Xoán) | Meréns (San Cibrán) | Rabiño (San Bieito) | Refoxos (San Breixo) | Valongo (San Martiño) | Zaparín (San Martiño)

  1. 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
  2. Catastro de Ensenada, 1748.
  3. Historia de Ribadavia y sus alrededores, Samuel Eiján, 1920.
  4. "Reseña histórica". Concello de Cortegada. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2020. Consultado o 27 de xuño de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]