Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre o pan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En abril espigas mil
Véxase tamén O muíño na cultura popular galega

A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo.

  • A anguía en empanada e a lamprea escabechada [1].
  • A auga de san Xoán, leva o viño e tolle o pan [2][3].
  • A auga de san Xoán quita o viño e tolle o pan [4].
  • A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan [3][5].
  • A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan [6].
  • A auga no forno, tras da fariña vai [3].
  • A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan.
  • A can que os dentes regaña dalle pan ou talladas [7].
  • A cebada, na lameira; o trigo, na poeira [8].
  • A choiva no abril dá millo e dá pan.
  • A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan.
  • A costureira, moi sentadiña; e o pan, na criba [9].
  • A falta de pan, bo é pantrigo [10].
  • A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan [11].
  • A mozo respostón, pan e moito legón [12].
  • Á mesa sin pan non te poñas a xantar [10].
  • Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan [13].
  • A pan de quince días, fame de tres semanas [10].
  • A pan duro, dente agudo [10].
  • Á porta do orador non botes o trigo ó sol.
  • A pouco pan, tomar primeiro.
  • Á que amasa fariña, nunca pan lle falta [14].
  • Á que ten pan e capelo nunca lle falta mancebo [10].
  • A quen coce i amasa non lle fúrtela masa [15].
  • A quen come ben o pan, é pecado darlle compango [10].
  • A quen come ben o pan, é pecado o compango que lle dan.
  • A quen come pan, migallas lle quedarán [10].
  • A quen lle sobre pan, que manteña ben o can [10].
  • A quen non lle sobre o pan, que non críe can [10].
  • A quen queiras mal, cómelle o pan, e a quen ben, tamén [10].
  • A sardiña en san Xoán xa molla o pan.
  • A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan [16].
  • A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
  • A todo o que come pan, migallas lle cairán.
  • Abril frío e fornos quentes, alegría pros meus dentes [17].[18].
  • Abril frío, moito pan e pouco viño [17].
  • Abril frío, pan e viño [17].
  • Abril frío quer compango, viño e pantrigo [17].
  • Abril frío trai poias de trigo [19].
  • Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio [17].
  • Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio.
  • Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real.
  • Aceitonas acedas, pan con elas.
  • Achegador da cinza, derramador da fariña.
  • Achegador de cinza, e esparexedor de fariña [20].
  • Adiós, amo e ama, que tan bo pan como aquí fano na miña casa.
  • Adoece, can, porque non che dan pan [7].
  • Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado [21].
  • Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas [22].
  • Alá vai serodio con temporao, mais non na palla nin no grao [23].
  • Alá vaias, pan emprestado, onde volvas millorado [10].
  • Alegraivos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas [22].
  • Amasade, panadeiras, que miña nai quer un pan [14].
  • Amasando faise o pan [14].
  • Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño.
  • Ano de laceira, en cada esquina unha panadeira [24][25][26].
  • Ano de nevadas, ano de fornadas [26].
  • Ano hortelán, máis palla que gran.
  • Ano hortelán, moita palla e pouco gran.
  • Ano malo, panadeiras no mercado [26].
  • Anque comas azafrán, a boca que che sepa a pan.
  • Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño.
  • Antes de san Martiño, pan e viño. Despois de san Martiño, fame e frío [27].
  • Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño [10].
  • Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño [10].
  • Ao que ten fillos non lle apodrece o pan [28].
  • Ara ben e fondo, e collerás pan dabondo [10].
  • As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan.
  • Astra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame [29].
  • Astra san Xoan, toda a herba é pan [30].
  • Ata curto, esterca a modo, ara xusto e fondo, e collerás pan dabondo [10].
  • Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, fame e frío.
  • Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño pra diante, fame e frío bastante.
  • Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante [31].
  • Auga, da serra; pan do que se malla na eira [3].
  • Auga de febreiro, enche o graneiro.
  • Auga de maio, pan pra todo o ano[3].
  • Auga de san Xoán, tolle o viño e non dá pan [3].
  • Auga e pan, sopas na barriga fan [3][32].
  • Auga en maio, pan para o ano [32].
  • Auga en maio, pan todo o ano [33].
  • Auga fría e pan quente nunca fan bo ventre.
  • Auga fría e pan quente, nunca fixeron ventre [3].
  • Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan [34].
  • Auga panada, feita e tomada [35].
  • Auga por agosto, nin pan nin mosto [3].
  • Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado.
  • Ben está o can cando non quer pan [7].
  • Benia ó pan que presta i a moza que o come [10].
  • Bo é o pan con algo máis [10].
  • Bo é pan con algo de compango máis [10].
  • Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir [10].
  • Cada meniño ó nacer trai un pan baixo do brazo [10].
  • Cada un busca o pan do seu mastigo [36].
  • Caia auga e veña maio, que xa temos pan pro ano [3].
  • Caian pans e veñan días [37].
  • Caldo sen pan no inferno o dan [28].
  • Caldo sin grasa, pan sin tasa [38][39].
  • Caldo sin pan dáselle ó can Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.</ref>.
  • Cando a carballeira zoa, sabe ben a broa.
  • Cando canta o cuco logo vèn o grau ó suco [40].
  • Cando comas pan quente, non bebas auga fría [10].
  • Cando Dios dá a fariña vén o demo e quítaa [20].
  • Cando fores a chan alleeiro leva o pan no capelo [10].
  • Cando hai trigo na eira, hai pan na maseira [41].
  • Cando non hai fariña, sobra a peneira.
  • Cando o home ten leiras que traballar, e a muller fariña que amasar, na casa non falta pan [42].
  • Cando o trigo é louro, é o barbo coma un touro.
  • Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro [43].
  • Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro [41].
  • Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro [41].
  • Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa [41].
  • Cando o trigo está no celeiro, é do que ten diñeiro [44].
  • Cando o trigo está nos campos, é de Dios e dos santos [41].
  • Cando o trigo está nos campos, é de Dios e mais dos Santos.
  • Cando o trigo vai louro, o muxe vale ouro [45].
  • Cando tiven dentes non tiven pan; e agora que teño pan non teño dentes [46].
  • Canta máis aughiña, máis fariñiña [47].
  • Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan [48].
  • Catro cartos para pan, tres e medio para viño, un carto para tabaco, alá vai un realiño.
  • Cava fondo i terás gran.
  • Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos [33].
  • Cebada, a que eu quixere; e trigo, o que Dios me dere [8].
  • Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio [8].
  • Chámame can e dame pan [7].
  • Chocolate con petada na casa dos probes é comida rara, porque é cara [49].
  • Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra [10].
  • Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan.
  • Chuvia en San Xoán, tolle viño e non dá pan [50].
  • Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón [51][52].
  • Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel [53].
  • Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan [54].
  • Coa chegada do cuco vén o pan ó suco [40].
  • Comas ben ou comas mal, a boca deixarala de pan [55].
  • Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino [56].
  • Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño.
  • Cómeo Deus na eira e cólleo Marta na maseira.
  • Comer sempre con pan chega a cansar, se non hai algo pra compangar.
  • Comín fariña por engordar, e saíume por cea e por xantar [20].
  • Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente.
  • Con afán gánase o pan.
  • Con ben pan e moita leña, o inverno a ninguién empeña [10].
  • Con pan caseiro non vende o panadeiro [10].
  • Con pan e viño anda calquera o camiño.
  • Con pan e viño ándase o camiño [10].
  • Con pan e viño ben se pasa o camiño [10].
  • Con pan e viño faise o camiño.
  • Con pan e viño lévase o camiño.
  • Con pan e viño pásase o camiño [28].
  • Con pan e viño xa se anda o camiño [28].
  • Con pan ou sin pan, o que non morra vivirá por san Xoán [10].
  • Coza quen quixer, e amase quen souper [15].
  • Da bola e a rebola, que veña o demo e escolla.
  • Dá Dios pan a quen non ten moas [57].
  • Dalle ó rabo o can, non por ti senón polo pan [58].
  • Dame pan e chámame can [10].
  • Dame pan e di que son parvo [10].
  • Dáo Dios na eira, e tólleo Marta na maseira.
  • Dar do pan, e do pau [10].
  • De mal trigo nunca boa fariña [41].
  • Derramando a fariña non se goberna a casa miña [20].
  • Des que chega o cuco, logo vén o pan ó suco.
  • Desta maneira o que non ten fariña, escusa peneira [59].
  • Día de san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan [60]
  • Diga a miña veciña e teña o meu fol fariña [20].
  • Diñeiro que gardado está non gana pan [61].
  • Dios che dea poder na vila e na túa casa fariña.
  • Dios me dea paz na vila e na casa pan e fariña.
  • Dios nos dea moito pan e mala colleita.
  • Dios nos dea moito pan na mala anada [10].
  • Dios nos dea pan e pacencia e morte con penitencia.
  • Dixo o viño moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" [62].
  • Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante".
  • Do pan de meu compadre boa rebanda, miña comadre [63].
  • Do pan do meu compadre, grandes anacos ó meu afillado [10].
  • Do pan encetado calquera pilla un bocado [10].
  • Do pan encetado podese tallar boa arrebada sin conocerse nada [64].
  • Domingo de Entroido Larafuzán comícheme a carne, deixácheme o pan [65].
  • É millor pan duro que figo maduro [10].
  • En abril e maio fai fariña pra todo o ano [17].
  • En abril e maio fai fariña pro ano [20].
  • En abril, espigas mil.
  • En abril, espigas mil, no maio todo espigado.
  • En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño.
  • En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará [66].
  • En martes non te cases nin te embarques, nin o teu cocho mates, nin o teu pan cozas, nin a túa tea urdas, nin a túa filla cases, nin dos da túa casa te apartes.
  • En marzo, abrigo e pantrigo [67].
  • En marzo, abrigo, mozas e pan de millo.
  • En marzo abrigo, noces e pan de millo.
  • En marzo, abrigo, noces e pan trigo [28].
  • En marzo, abrigo, noces, pan e trigo.
  • En marzo, espigarzo.
  • En marzo, ó abrigo con noces e pan trigo.
  • En marzo, o trigo nin por sementar nin nado [67].
  • En pan encetado corta quen quer [68][69][70].
  • En saco de liño non lévela fariña ó muíño [20].
  • En san Adrián sécalle a primeira raíz ó pan.
  • En san Martiño, pan e viño.
  • En san Xoan a fouce na man [5].
  • En san Xoán, a sardiña molla o pan.
  • En san Xoán a sardiña pinga o pan [71].
  • En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña.
  • En San Xoán pinga a sardiña no pan [72].
  • En san Xoán seca a raíz o pan.
  • En san Xoán, tanto queixo como pan [5][73].
  • En san Xoán, tanto viño coma pan.
  • En san Xoán, xa a sardiña molla o pan [5].
  • En toda terra espiga o pan [10].
  • En todo tratar, e pan labrar.
  • En todas partes cocen pan [10].
  • Ende chegando o San Bras pon pan e viño na alforxa, que día non faltará [74].
  • Entre abril e maio, fai fariña para o ano [75].
  • Entre san Xoán e san Pedro, vén o pan ó vencello.
  • Esparexedor de fariña, recolledor de cinza [20].
  • Fai boa fariña e non toques a buguina [20].
  • Fale a miña veciña e teña o meu fol fariña.
  • Fariña abalada, que non cha vexa sogra nin cuñada [20].
  • Fariña do demo, toda se volve farelo [20].
  • Fariña do diablo toda se volve salvado [76].
  • Fol mollado, masa leva.
  • Fol sobado, mala fariña leva.
  • Garda do pan para maio e da leña para abril [77].
  • Garda leña pra abril e pan pra maio [17].
  • Garda pan para maio e leña para abril.
  • Garda pan para maio e leña para abril, que che ha de cumprir.
  • Garda pan para maio e leña para todo o ano.
  • Gracias a Dios que cocemos sete petadas e nove debemos [15].
  • Gran debaixo do terrón, gran morto, e debaixo da pedra, torto.
  • Home morto nunca come pan [78].
  • Hoxe viño e pan, o resto mañán.
  • Inda agora se come o pan da voda [10].
  • Invernía de San Xoán, tolle o viño e non dá pan [79].
  • Labrador chalán, non colle viño nin pan.
  • Ladra, can, que pra eso gánalo pan [7].
  • Limpa e arranxa a eira cando está agosto á beira.
  • Madeira de serra e pan de cazola, nunca sobran.
  • Maio airoso fai o pan garboso [80].
  • Maio come o trigo, e agosto bebe o viño [33].
  • Maio fai o trigo, e agosto o viño [33].
  • Maio frío, moito trigo [33].
  • Maio frío, moito trigo; maio pardo, ano farto.
  • Maio un pouco frío cría trigo; pero se é moi frío, nin palla nin trigo [33].
  • Máis val pan con amor, que galiña con door [10].
  • Máis val pan con mel que pan sin el [81].
  • Máis vale que sobre pan que non que falte viño.
  • Máis vale un día alegre con medio pan, que un triste cun faisán.
  • Marzo, espigarzo [28].
  • Marzo espigarzo, abril penderil, en maio gramado, en San Xoán segado [82].
  • Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña [83].
  • Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado. Na santa Mariña, metelo na arquiña [84].
  • Marzo, espigas catro; abril, espigas mil.
  • Mesa de catalán, moita vianda e pouco pan.
  • Meu pai chámase fogaza, i eu morrome de fame [85].
  • Millor é un pouco pan duro que un figo enteiro maduro [10].
  • Moitos fillos e pouco pan, contento con afán [86].
  • Moitos oficios tiña Galván e de ningún ganou pan.
  • Mordedura de alacrán, busca viño e busca pan, que mañá te enterrarán.
  • Muller e forno, con unha hai dabondo [13].
  • Na cama do can non busques o pan, nin no fuciño da cadela busques a manteiga [10].
  • Na cama do can non cáte-lo pan, nin no fuciño da cadela búsque-la manteiga [87].
  • Na mesa chea, ben cabe a fogaza allea.
  • Na noite de san Xoán andan os probes pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.
  • Na noite de san Xoán andan os tolos pedi-lo pan, e na noite do ceboliño andan os vellos a pedi-lo viño.
  • Navidá en venres, sementa onde poideres; Navidá en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
  • Nin mesa sen pan, nin soldados sin capitán.
  • Nin o teu pan en bolas, nin o teu viño en sopas [10].
  • Nin o teu pan en roscas nin o teu viño en botas [10].
  • Nin o teu pan en sopas, nin o teu viño en probas [88].
  • Nin viña no baixo nin trigo no cascallo [89].
  • No agosto a fariña e no setembro a fouciña.
  • No ano caro, a peneira espesa i o cribo raro.
  • No bo ano a palla é grau. No mal ano o grau é palla [26].
  • No inverno, forneira; no vran, taberneira [90].
  • No marzo, abrigo; na eira, pantrigo [67].
  • No marzo abrigo, noces e pantrigo.
  • No san Xoán deixa o touciño e come pan.
  • Non botes leña no forno cando xa quente estivere [91].
  • Non busques o pan na cama do can [10].
  • Non che dea Dios máis mal que moitos fillos e pouco pan [86].
  • Non dá bo pan a mala fariña [92].
  • Non é o mesmo predicar que dar trigo [41].
  • Non hai mellor ciruxán que a boa carne, o bo viño e o bo pan.
  • Non hai pan sin afán [10][93].
  • Non hai pior afán, que moitos fillos e pouco pan [10].
  • Non hai pra pan e mercamos rosquillas [10].
  • Non hai tal viño como o pantrigo e o leite macizo [94]
  • Non lle negues o pan ó probe que de porta en porta vai, que ese amóstrache o camiño que mañán podes levar [10].
  • Non negues o neno ó bolo, nin ó santo o voto [95].
  • Non pon a galiña senón a fariña [96].
  • Non sexas forneira, se tes a cabeza de manteiga [97].
  • Non temos pra pan e mantemos un can [10].
  • Non ten razón o que xunta a fariña co relón [98].
  • Non xantei, nin merendei, nin hoxe probei bocado, sinón un bolo de trigo, que tiña medio ferrado [99].
  • Nunca está sin pan a casa en que se traballa [10].
  • O ano que non hai pan, ou muiñeiro ou hortelán [26].
  • O barbo é coma un touro cando o trigo está louro [100].
  • O barbo val ouro cando o trigo é louro [100].
  • Ó corricán, non perdas o pan [101].
  • O burro do xitano, en vendo o pan alonga o paso [102].
  • O caldo sin pan no inferno o dan.
  • O can baila polo pan [7].
  • O can de boa raza pensa no pan e na caza [7].
  • Ó can que lambe a cinza, non lle fíes a fariña [7].
  • O día de san Xoán créballe a primeira raíz ó pan, o día de san Pedro, créballe a do medio, e o día de santa Isabel ...¡fouciñas a el! [103].
  • O día de san Xoán molla o viño no pan.
  • O día que a miña muller amasa, hai alegría na casa [104].
  • O día que amaso, mal día paso, pero é pior non ter que amasar nin que peneirar [104].
  • O día que cozo, é día de alborozo' [104].
  • O día que se amasa, mal se pasa [104].
  • Ó enfornar fanse os pás tortos [10].
  • Ó enfornar tórcense os pás [10].
  • Ó estar xuño xa na beira busca a fouce e limpa a eira.
  • O fillo da miña filla ponmo onda lareira na cociña; i o da miña nora, dalle un codecho de pan pra que vaia pra fóra [86].
  • O fillo do mesquiño, pouco pan e moito vicio [86].
  • O forno i a vella, pola boca se quentan [91].
  • O forno pola boca se quenta [91].
  • O home mesquiño non colle forzas nin co pan nin co viño [105].
  • O lus mollo, o martes lavo, o miércoles seco, o viernes peneiro, o sábado amaso; e o domingo, que eu fiaría, todos me din que estou noutra semana e que xa non é día [106].
  • O moito pan tamén chega a cansar [10].
  • O morto á cova, o vivo á bola.
  • O mozo que lle sabe ben o pan, é pecado o compango que lle dan [12].
  • O pan alleo sempre é malo [10].
  • O pan alleo ten sete codias [107].
  • O pan ben arrendado, énchelle a eira ó seu amo [10].
  • O pan centeo é bo cando é alleo [10].
  • O pan comido e a compaña desfeita [10].
  • O pan, con ollos; o queixo, cego, e o viño, anexo [10].
  • O pan, con ollos; o queixo, sin ollos, e o viño, que salte ós ollos [10].
  • O pan da casa, farta [10].
  • O pan de trigo fíxoo Dios, e o de millo mandouno facer.
  • O pan, pan, e o viño, viño [10].
  • O pan polo coor, e o viño polo sabor [10].
  • O pan que foi ben sachado, enche o horrio do seu amo [10].
  • O pan que non se vende dispois dir á feira, é coma a fariña que non se peneira [10].
  • Ó pan quente ábrelle a gorxa [10].
  • O pan raro carga o carro [10].
  • O pan trigo e centeo máis val na barriga que no seo [108].
  • O pantrigo fíxoo Dios, a broa mandouna facer [109].
  • O pantrigo fíxoo Dios, e o de millo mandouno facer.
  • O peixeiro trae peixe, o panadeiro trae pan e as trasnadas san Xoán.
  • O que a can alleo dá pan, perde o pan e perde o can.
  • Ó que amasa e coce, ben se lle conoce [14].
  • Ó que amasa e coce, todo lle loce [14].
  • O que aúna en San Xoán, ou é parvo ou non ten pan [110].
  • O que aúna en san Xoán, ou é tolo ou non ten pan.
  • O que coce i amasa, ben sabe as que pasa [15].
  • Ó que come ben o pan, é pecado o compango que lle dan [10].
  • O que fala do coitelo é que ten gana do pan [111].
  • Ó que non lle sobra o pan, sóbralle o can [10].
  • O que non ten pan sementado, agosto fáiselle maio [112].
  • O que non ten pan teno que buscar, porque sin comer non se pode pasar [113].
  • O que non ten pra pan, que non críe can [114].
  • O que queira comer patacas en san Xoán, bóteas cando o pan.
  • O que queira comer patacas polo San Xoan, bóteas cando o pan [115].
  • O que queira comer patacas por san Xoán, bóteas cando o pan.
  • O que sementa no camiño cansa os bois e perde o trigo.
  • O que sementa sen semente, sega sen fouciño.
  • Ó que te quer mal, cómelle o pan; e ó que te quer ben, cómello tamén.
  • O que ten can é que lle sobra o pan [7].
  • Ó que ten fillos pequenos, non se lle apodrenta o pan [86].
  • O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer [116].
  • O que xexúa en san Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
  • O trigo centeoso fai un pan moi proveitoso.
  • O trigo que non se axunta na leira, xúntase na eira [41].
  • O viño é pan e medio [62].
  • O viño i o pan sempre se dan: us anos ben, outros mal e outros menos mal[62].
  • O viño polo coor i o pan polo sabor [62].
  • Obreiro en xaneiro, pan che comerá e obra non fará.
  • Onde hai pan non hai fame [10].
  • Onde hai pan sempre hai fartura [10].
  • Onde non hai fariña nin relón, todos falan sin razón.
  • Onde non hai fariña nin relón, todos roñan e todos teñen razón [20].
  • Onde non hai fariña, todo é morriña [20][117].
  • Onde non hai pan non o comen os ratos [118].
  • Onde non hai pan vaise hastra o can [10].
  • Onde pan se come migallas quedan [10].
  • Onde se come pan frangullas quedarán.
  • Ós seis meses sentarei, daranme pan e comerei.
  • Pan adentado non se pon na mesa [119].
  • Pan albeiro, máis val na barriga que no seo [10].
  • Pan albeiro ou pan centeo, millor quero do meu que do alleo [10].
  • Pan alleo custa caro [10].
  • Pan alleo pouco engorda [10].
  • Pan balorento, alegra ó famento [10].
  • Pan ben sachado énchelle o cabazo ó amo [10].
  • Pan centeo, antes comido que no seo [10].
  • Pan centeo, millor no meu papo que no alleo [10].
  • Pan comido, compaña desfeita [10].
  • Pan con fartura, cansa logo se moito dura [10].
  • Pan con fartura; e viño, con mesura [10].
  • Pan con pan comida de parvos [10].
  • Pan da miña falchoca, como el non me falte todo me sobra [120].
  • Pan de hoxe, carne de onte e viño de antano, manteñen ó home sano.
  • Pan de millo nono deas ó teu fillo [10].
  • Pan de onte, carne de hoxe, e viño de antano, manteñen ó home sano [10].
  • Pan de onte, e carne de hoxe, e viño de antano, salú pra todo o ano [10].
  • Pan de onte e viño de antano, salú pra todo o ano.
  • Pan de panadeira e viño de taberna, nin farta nin goberna [10].
  • Pan de trigo ou de centeo, quéroo máis no meu ventre que no alleo [10].
  • Pan de voda é carne que consola, a quen a coma [121].
  • Pan de voda, pra min sobra [122].
  • Pan de voda, quen o queira comer que o coma [123].
  • Pan e auga, sopas [10].
  • Pan e noces saben a amores [10].
  • Pan e viño andan camiño [10].
  • Pan e viño andan camiño, millor que mozo garrido [10].
  • Pan e viño, un ano teu, e outro do teu veciño [10].
  • Pan encetado non te torna [124].
  • Pan mal amasado non pide bocado [10].
  • Pan mol, moito na man e pouco no fol [10].
  • Pan mol vaise ó fol [10].
  • Pan, pan, moitos o comen e poucos o dan [10].
  • Pan por quilo e viño por medida, o que non rouba algo non leva boa vida.
  • Pan pra hoxe, fame pra mañán [10].
  • Pan pra maio e leña pra abril, e o millor cepón, pra marzo o compón [10].
  • Pan que sobre, carne que abonde, viño que non falte e alegría que abaste [10].
  • Pan quente e uvas, ás vellas quitan engurras [10].
  • Pan quente, fame mete [10].
  • Pan quente, moito na man e pouco no ventre [10].
  • Pan, viño e carne quitan a fame [10].
  • Para o pan engraiar, o boi ha tremar [125].
  • Paxaro trigueiro, nono quero no meu celeiro [126].
  • Penas e ceas teñen as sepulturas cheas [127].
  • Peneirar, peneirar, e nunca fariña sacar [20].
  • Pola festa de san Xoán andan os pobres a pedir pan.
  • Polo pan baila o can [10].[128].
  • Polo pan baila o can pra ver se llo dan [7].
  • Polo san Xoán, auga fervida con pan.
  • Polo san Xoán bébese viño e cómese pan.
  • Polo san Xoán calquera burro gana o pan.
  • Polo San Xoán molla a sardiña no pan [129].
  • Polo San Xoán tanto viño como pan [5].
  • Polo San Xoán xa a sardiña pinga o pan [5].
  • Por abril ponte de codín; e se o pan ves verdegar, ponte a cantar [17].
  • Por diñeiro baila o can, e por pan, se llo dan [130].
  • Por moito pan nunca é mal ano [10].
  • Por moito trigo nunca é mal ano [41].
  • ¿Por qué non te casas Xan? Porque vai moi caro o pan [10].
  • Por san Xoán a sardiña molla o pan.
  • Por san Xoán a sardiña pinga no pan.
  • Por San Xoán molla a sardiña o pan [129].
  • Por san Xoán, tanto queixo coma pan.
  • Por unha presa de fariña, que as papas non queden moles[20].
  • Pra moita fame non hai pan resésigo.
  • Pra muiñeiro, forneiro e hortelán, non hai ano sin pan [26].
  • Pra pan e cebola é mester cazola [10].
  • Pra pan non temos e can mantemos [10].
  • ¿Pra qué queres millor pan que o pantrigo? [10].
  • Preguiciña ¿queres pan? Si señora, si mo dan. Vai busca-lo coitelo. Non señora, non o quero [131].
  • Primeiro o pan, dispois o can [10].
  • Quen aforra o pan non quer ben ós fillos [10].
  • Quen ara no san Xoán, ou está tolo ou non ten pan.
  • Quen colle trigo pode comer pantrigo [41].
  • Quen con fariña anda, branco se pon [20].
  • Quen dá pan ó alleo can, perde o can e perde o pan [10].
  • Quen dá pan pon afán [132].
  • Quen di pan di fartura [133].
  • Quen dixo pan, dixo trigo [10].
  • Quen me dá o pan, dame o afán [10].
  • Quen se mantén de pan, moi mal mantido non vai [10].
  • Quen xaxúa por san Xoán, ou é tolo ou non ten pan.
  • Quero saber de qué pan me hei manter [10].
  • Ratos arriba, que todo o branco é fariña.
  • San Xoán come pan e san Andresiño touciño.
  • San Xoán daime o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán, deixa vi-lo pan que el cho pagará.
  • San Xoán e san Martiño foron merendar ó camiño. San Xoán levara o pan e san Martiño o viño.
  • San Xoán garda a chave do pan, san Martiño a do viño e san Andrés a do porquiño.
  • San Xoán trae o fol cheo de pan e san Martiño bota de viño.
  • San Xoán, san Xoán, deixa vi-lo pan que coel cho pagarán.
  • San Xulián garda o viño e garda o pan [134].
  • San Xullán, garda viño e pan.
  • Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e san Andrés o touciño.
  • Se as penas de Oirán se volveran pan, a Frouseira manteiga e o río de Ouro viño mouro, non había terra coma o Valadouro.
  • Se che pica un alacrán busca viño, busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán [135].
  • Se che vai ben o trigo tardeiro, non llo digas ó teu compañeiro [41].
  • Se chove pola Ascensión, horta ruín e trigo rocón [136].
  • Se comes sardiña en san Xoán, mollaráchese o pan.
  • Se pan quente comes, non bebas auga da fonte [10].
  • Se queres coller pan, ara polo San Xoán [10].
  • Se queres comer patacas por San Xoan, seméntaas cando o pan [5].
  • Se queres gañar ó can, dálle pan.
  • Se qués que te siga o can, dalle pan [7].
  • Se te morde un alacrán, busca viño e busca pan, sacerdote e sancristán, quen mañán te enterrarán.
  • Se te morde un alacrán, garda viño e garda pan, que mañá te enterrarán.
  • Se te morde un alacrán, tres días comerás pan.
  • Se te morde un alacrán, xa non comerás máis pan.
  • Se te pica un alacrán, tres días comerás pan.
  • Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
  • Se te roi un alacrán, busca viño e busca pan, e mais crego e sancristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán.
  • Se te roi un alacrán, tres días comerás pan [135].
  • Se te roi un alacrán, xa non comerás máis pan [135].
  • Sembra trigo en San Martiño, cada día un pouquiniño.
  • Sementeira na semana de san Román nin palla nin gran; sementeira na de santa Baia, gran e mais palla [137].
  • Sin pan nin viño non se anda ben o camiño [10].
  • Tal terra andar, tal pan manxar.
  • Tanto pan coma queixo e tanto queixo coma pan, ben o como se mo dan.
  • Tanto o pan coma o queixo, e tanto o queixo coma o pan, cómoo se mo dan [10].
  • Tanto queixo como pan, non se debe dar [10].
  • Treboada no Miño, pan e millo.
  • Trigo centeoso, pan proveitoso [41].
  • Trigo que lle a palla doura, logo estará pró fouciño [41].
  • Trigo que non has de colleitar, deixa de o visitar.
  • Un gran non fai graneiro, pero axuda ó compañeiro.
  • Val máis pan duro que pedras moles [10].
  • Val máis pouco pan duro, que fame de nove días [10].
  • Val máis que sobre pan, que non que falte viño [10].
  • Vale máis gran de sobra na moega que muíño de espera.
  • Vale máis pan duro que consello de burro [10].
  • Viño acedo, touciño vello e pan centeo, sosteñen a casa en peso [62].
  • Viño de ricos e pan de pobres [138].
  • Viño, que salte; queixo, que chore; pan, que cante [62].
  • Viva Dios e coza o forno [139].
  • Xa que o trigo non é meu, que o acañe quen o colleu [140].
  • Xa sei o pan que pra sempre me ha fartar [10].
  • Xesta pro forno, que ben coce o pan, e mais o bolo.
  • Xoaniña, voa, voa, que che dou pan con sebola [141].
  • Xoaniña, voa, voa, que teu pai está en Lisboa e túa nai está na cama a comer pan e cebola [141].
  1. Clodio González Pérez, 142.
  2. As chuvias de xuño prexudican viñas e cereais.
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  4. Rosario Soto Arias 2013.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.
  6. Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No orixinal: San Juan.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 Eladio Rodríguez González, s. v. can.
  8. 8,0 8,1 8,2 Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.
  9. Eladio Rodríguez González, s. v. costureira.
  10. 10,000 10,001 10,002 10,003 10,004 10,005 10,006 10,007 10,008 10,009 10,010 10,011 10,012 10,013 10,014 10,015 10,016 10,017 10,018 10,019 10,020 10,021 10,022 10,023 10,024 10,025 10,026 10,027 10,028 10,029 10,030 10,031 10,032 10,033 10,034 10,035 10,036 10,037 10,038 10,039 10,040 10,041 10,042 10,043 10,044 10,045 10,046 10,047 10,048 10,049 10,050 10,051 10,052 10,053 10,054 10,055 10,056 10,057 10,058 10,059 10,060 10,061 10,062 10,063 10,064 10,065 10,066 10,067 10,068 10,069 10,070 10,071 10,072 10,073 10,074 10,075 10,076 10,077 10,078 10,079 10,080 10,081 10,082 10,083 10,084 10,085 10,086 10,087 10,088 10,089 10,090 10,091 10,092 10,093 10,094 10,095 10,096 10,097 10,098 10,099 10,100 10,101 10,102 10,103 10,104 10,105 10,106 10,107 10,108 10,109 10,110 10,111 10,112 10,113 10,114 10,115 10,116 10,117 10,118 10,119 10,120 10,121 10,122 10,123 10,124 10,125 10,126 10,127 Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  11. Eladio Rodríguez González, s. v. mera. Mera é néboa espesa, húmida e baixa
  12. 12,0 12,1 Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.
  13. 13,0 13,1 Eladio Rodríguez González, s. v. muller.
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Eladio Rodríguez González, s. v. amasar.
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 Eladio Rodríguez González, s. v. cocer.
  16. Lino Lema Bouzas, 2.
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 17,5 17,6 17,7 Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  18. Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: frio, para os meus
  19. Poias son bólos de pan, como tortas pequenas e aplastadas de pan. En Verín pagábase con elas ó forneiro. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.
  20. 20,00 20,01 20,02 20,03 20,04 20,05 20,06 20,07 20,08 20,09 20,10 20,11 20,12 20,13 20,14 20,15 Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.
  21. Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: tèn.
  22. 22,0 22,1 Eladio Rodríguez González, s. v. farelo.
  23. Indica a diferenza na colleita dun e doutro.
  24. Laceira significa miseria, gran pobreza, a falta extrema do necesario para vivir.
  25. Real Academia Gallega 1913, s. v. ano.
  26. 26,0 26,1 26,2 26,3 26,4 26,5 Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  27. Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 28,5 Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.
  29. No orixinal: hastra
  30. Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan, s. v. pan. No orixinal: hastra.
  31. Probable erro por fame e frío.
  32. 32,0 32,1 Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 33,4 33,5 Eladio Rodríguez González, s. v. maio.
  34. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.
  35. Eladio Rodríguez González, s. v. auga. Chámase auga panada a que se prepara botando unha codia de pan torrado na auga.
  36. Mastigo é a acción e efecto de mastigar. Eladio Rodríguez González, s. v. pan, s. v. mastigo.
  37. Dise a quen pretende comer sen traballar, que non se preocupa do mañán.
  38. Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo.
  39. Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.
  40. 40,0 40,1 Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.
  41. 41,00 41,01 41,02 41,03 41,04 41,05 41,06 41,07 41,08 41,09 41,10 41,11 41,12 Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
  42. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  43. Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.
  44. Eladio Rodríguez González, s. v. trigo. No orixinal: tèn.
  45. Lino Lema Bouzas, 3.
  46. Eladio Rodríguez González, s. v. dente.
  47. Se se quere botar máis auga, cómpre engadir tamén máis fariña. Elixio Rivas Quintas (1978).
  48. Eladio Rodríguez González, s. v. Pedro.
  49. A petada é un doce de pan de ovo para tomar con chocolate. Eladio Rodríguez González, s. v. petada.
  50. Marcial Valladares Núñez. No orixinal: San juan, tòlle, da.
  51. Marcial Valladares Núñez. No orixinal: n’a, d’Ascensión, n’os, mouron.
  52. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  53. O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) e setembro (San Miguel).
  54. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  55. Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. pan.
  56. Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.
  57. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  58. Eladio Rodríguez González, s. v. can; s. v. rabo.
  59. Eladio Rodríguez González, s. v. fariña. No orixinal: tèn.
  60. Santo Adrián celébrase o 1 ou o 4 de marzo.
  61. Eladio Rodríguez González, s. v. diñeiro.
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 62,4 62,5 Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  63. Sobreira: Papeletas, s. v. pan.
  64. Sobreira: Papeletas, s. v. pan.
  65. Sobreira: Papeletas, s. v. pan. No orixinal: Entroydo, Larafuzan, comicheme, deyxacheme.
  66. Refraneiro do viño, 27.
  67. 67,0 67,1 67,2 Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.
  68. O refrán aplícase ás mozas que xa tiveron relacións sexuais polo que, de acordo co machismo habitual do refraneiro, xa poden ser de calquera. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  69. José María Pereda Álvarez (1953).
  70. José Santiago Crespo Pozo, s. v. empezar; no orixinal: encertado, e explica: "La mujer impúdica se entrega a todos".
  71. Lino Lema Bouzas, 4.
  72. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan.
  73. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan, tato [sic].
  74. Eladio Rodríguez González, s. v. Bras.
  75. Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.
  76. Marcial Valladares Núñez. No texto: d'o, vòlve.
  77. Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: mayo.
  78. Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  79. Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohan, da.
  80. Sobreira: Papeletas. No orixinal: mayo, ayroso, fay, garvoso.
  81. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él.
  82. Sobreira: Papeletas, s. v. marzo. No orixinal: mayo, San Joan.
  83. Sobreira: Papeletas, s. v. 'marzo. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña. Airiña, por eira.
  84. Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.
  85. Eladio Rodríguez González, s. v. pai.
  86. 86,0 86,1 86,2 86,3 86,4 Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  87. Eladio Rodríguez González, s. v. can. No orixinal: cátelo, búsquela.
  88. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: nen.
  89. Eladio Rodríguez González, s. v. viña.
  90. Eladio Rodríguez González, s. v. forneiro.
  91. 91,0 91,1 91,2 Eladio Rodríguez González, s. v. forno.
  92. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: da.
  93. Sobreira: Papeletas. No orixinal: hay, afan.
  94. Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  95. Eladio Rodríguez González, s. v. neno.
  96. Eladio Rodríguez González, s. v. poñer.
  97. Eladio Rodríguez González, s. v. forneiro. No orixinal: seas, tès.
  98. Eladio Rodríguez González, s. v. fariña. No orixinal: tèn.
  99. Sobreira: Vegetables. No orixinal: jantey, merendey, hoje, probey, sinón.
  100. 100,0 100,1 Lino Lema Bouzas, 6.
  101. Clodio González Pérez, 145. O corricán e unha arte de pesca que se emprega na captura do atún e do bonito.
  102. Probable erro de pan por pau.
  103. Santa Isabel celébrase o 4 de xullo.
  104. 104,0 104,1 104,2 104,3 Eladio Rodríguez González, s. v. día.
  105. Eladio Rodríguez González, s. v. home.
  106. Eladio Rodríguez González, s. v. semana.
  107. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  108. Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  109. Eladio Rodríguez González, s. v. pantrigo.
  110. Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan. No orixinal: tén.
  111. José María Pereda Álvarez.
  112. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  113. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn, tèno.
  114. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.
  115. Eladio Rodríguez González, s. v. pataca.
  116. Eladio Rodríguez González, s. v. mel. No orixinal: tèn, él.
  117. Sobreira: Papeletas. No orixinal: Donde non hay fariña todo he moíña.
  118. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: nono.
  119. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: pòn.
  120. Falchoca é un bolso grande, un peto que se leva atado ou colgado ó ombreiro. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él.
  121. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: boda.
  122. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: boda.
  123. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: boda.
  124. A lóxica esixe non se torna, pero así é como vén no orixinal. Eladio Rodríguez González, s. v. pan.
  125. Eladio Rodríguez González, s. v. engraiar.
  126. Eladio Rodríguez González, s. v. paxaro.
  127. Eladio Rodríguez González, s. v. pena.
  128. Aníbal Otero Álvarez, s. v. can
  129. 129,0 129,1 Lino Lema Bouzas, 8.
  130. Eladio Rodríguez González, s. v. diñeiro.
  131. Saudade nº 4, xullo 1943, 28. No orixinal: m’o, buscal-o.
  132. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: pòn.
  133. Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: .
  134. Porque aínda queda moito inverno por diante. Este Xulián ten que ser San Xián de Antioquía, que se celebra o 9 de xaneiro; hai outro San Xián, o 28 de agosto, ó que non pode referirse o refrán.
  135. 135,0 135,1 135,2 Gran Enciclopedia Galega, s. v. alacrán.
  136. Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  137. San Román, 18 de novembro; Santa Baia, 10 de decembro.
  138. Porque a viña e o viño piden moitos coidados, que non os pode da-lo pobre por falta de medios. O pan, pola contra, non necesita de tanta atención.
  139. Elixio Rivas Quintas 2001, s. v. forno.
  140. Acañar é varrer os caños e a moíña que queda mesturado co gran na era despois da malla. Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.
  141. 141,0 141,1 Elixio Rivas Quintas (1978), s. v. xoaniña.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
  • ANÓNIMO: Refraneiro do viño. 505 sentenzas recollidas do pobo, Edicións Castrelos, Colección O Moucho, Vigo 1968.
  • GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio: “O refraneiro do mar”, en Coloquio de etnografía marítima, cap. 12. Museo do Pobo Galego 1988, 137-147.
  • Gran Enciclopedia Galega, Ed. Silverio Cañada, Lugo 2003.
  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
  • OTERO ÁLVAREZ, Aníbal: Vocabulario de San Jorge de Piquín, Verba anexo 7, Universidade de Santiago, 1977.
  • PEREDA ÁLVAREZ, José María: "Aportaciones léxicas y folklóricas al estudio de la lengua gallega", en Douro Litoral 1953, 5ª série, VII-VIII, pp. 19-52.
  • REAL ACADEMIA GALLEGA: Diccionario gallego-castellano, 1913-1928.
  • RIVAS QUINTAS, Elixio: Frampas, contribución al diccionario gallego, CEME, Salamanca 1978.
  • Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo 1958-1961.
  • Juan Sobreira Salgado: "Vegetables de Galicia" seguido dunhas " Retractaciones" e duns "Documentos justificativos de la nomenclatura botánica gallega" (1790), ed. de J. L. Pensado Tomé en Opúsculos lingüísticos del siglo XVIII, Galaxia, Vigo, 1974, pp. 241-267.
  • SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979.
  • VALLADARES NÚÑEZ, Marcial: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar 1884.