Saltar ao contido

Reptilianos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación artística dun reptiliano xunto a un adulto humano a escala.

Os reptilianos[1] son uns supostos humanoides con aspecto de réptil que xogan un destacado papel na fantasía, na ciencia ficción, na ufoloxía e nas teorías da conspiración.[2][3] A idea dos reptilianos foi popularizada por David Icke, un teórico da conspiración que alega que alieníxenas reptilianos que cambian de forma controlan a Terra, tomando a forma humanoide e gañando poder político para manexar as sociedades humanas. Icke afirmou en varias ocasións que moitos dos líderes mundiais están posuídos polos chamados reptilianos.

  1. Joyce, Judith (2011). The Weiser field guide to the paranormal abductions, apparitions, ESP, synchronicity, and more unexplained phenomena from other realms. San Francisco, CA: Weiser Books. pp. 80–81. ISBN 9781609252984. Consultado o 3 de agosto de 2014. 
  2. Lewis, Tyson; Richard Kahn (inverno de 2005). "The Reptoid Hypothesis: Utopian and Dystopian Representational Motifs in David Icke's Alien Conspiracy Theory". Utopian Studies 16 (1). pp. 45–75. 
  3. Frel, Jan (1 de setembro de 2010). Alternet, ed. "Inside the Great Reptilian Conspiracy: From Queen Elizabeth to Barack Obama -- They Live!". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 1 de setembro de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]