Resident Evil 2
Resident Evil 2 | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Capcom, Factor 5, Rockstar San Diego e Tiger Electronics |
Distribuidora(s) | Capcom |
Lanzamento | 21 de xaneiro de 1998 |
Xénero | survival horror e zombie video game |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI CERO USK |
Plataforma(s) | Nintendo 64, Microsoft Windows, PlayStation, GameCube e Dreamcast |
Na rede | |
http://www.capcom.co.jp/bio_series/biohazard2.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Resident Evil 2 é un videoxogo pertencente á serie Resident Evil, producida por Capcom. Orixinalmente foi lanzado en 1998 para PlayStation. Uns meses despois do lanzamento, púxose á venda unha segunda versión, compatible coa vibración do mando Dual Shock. Un ano despois lanzouse en PC e game.com. No ano 2000 saíron as versións de Nintendo 64 e Dreamcast. Posteriormente, en 2003 foi lanzado para GameCube, en 2008 na PlayStation Store nipoa e cara a finais de 2009 será publicado para Wii, baixo o título Resident Evil: The Darkside Chronicles. Non obstante, esta última versión ten un renovado aspecto técnico, un estilo de xogo distinto e narra máis feitos co xogo orixinal.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia comeza en xullo de 1998, cando Leon S. Kennedy e Claire Redfield chegan a Raccoon City, sen saber que a cidade está infestada de zombies e outras armas biolóxicas. Leon é un policía asignado a esta cidade. Claire busca ó seu irmán, Chris (que estivera implicado nos sucesos que narra o primeiro Resident Evil). Nada máis chegar, sepáranse por mor dun accidente dun trailer. Xa nas rúas, son atacados por zombies e refúxianse na comisaría de policía. Descobren que Chris marchou da cidade e deciden fuxir eles tamén. Mentres buscan unha ruta de saída achan un laboratorio de Umbrella e a verdade sobre a orixe do incidente. Coñecen ademais a Annette Birkin, doutora de Umbrella, implicada nas investigacións co virus T e G. Tras eliminar decenas de inimigos, foxen nun helicóptero.
Mecánica de xogo
[editar | editar a fonte]Trátase dun xogo en terceira persoa, con cámaras fixas e ambiente angustiante. Antes de comezar a partida escollemos personaxe: Claire ou Leon. Se rematamos unha partida con cada un no rango A, poderemos xogar unha misión especial con Hunk, un mercenario que traballa para Umbrella.
Versión da game.com
[editar | editar a fonte]Todas as versións de Resident Evil 2 tiñan un bo nivel agás esta, debido ás especificacións técnicas desta consola. Ademais do apartado técnico pobre, a duración era moito máis curta cas outras versións.
Crítica
[editar | editar a fonte]No seu momento recibiu boas notas por parte da prensa especializada, acadando un 89 en Metacritic para PlayStation [1]e Nintendo 64.[2] A versión de Dreamcast acadou un 77,[3] mentres que a de GameCube só obtivo un 59 .[4]
Vendas
[editar | editar a fonte]A versión de PlayStation vendeu 5.82 millóns de copias en todo o mundo[5].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24.
- ↑ "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24.
- ↑ "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24.
- ↑ "Resident Evil 2". Metacritic (en inglés). Consultado o 2022-02-24.
- ↑ http://www.vgchartz.com/games/game.php?id=4159®ion=All