Saltar ao contido

Richard Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Gómez
Nome orixinalRicardo Gómez Varela
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1954 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Melide, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura1,77 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Familia
FillosNacho Novo Editar o valor en Wikidata

Ricardo Gómez Varela, coñecido como Richard, nado en Melide o 12 de outubro de 1954, é un exfutbolista galego, que xogaba como defensa. É pai do tamén exfutbolista Nacho Novo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militou no Galiano ferrolán antes de ingresar no Racing de Ferrol en 1974.[1] Ao pouco da súa chegada foi cedido ao Barallobre, co que xogou dúas tempadas na Serie A Rexional.[2] Na tempada 1976/77 regresou ao Racing, co que xogou durante os seguintes tres anos, logrando dous ascensos consecutivos (de Terceira a Segunda B e de Segunda B a Segunda). Na súa terceira campaña disputou 33 partidos na Segunda División, descendendo de novo a Segunda B.

En 1979 foi traspasado ao Betis, a cambio de seis millóns de pesetas e da participación do club andaluz no Trofeo Concepción Arenal.[3] Debutou co equipo sevillano na Primeira División na primeira xornada da tempada 1979/80, contra o Rayo Vallecano no Benito Villamarín. Foi o seu único partido en todo o ano e tras xogar un partido de Copa do Rei no inicio da campaña seguinte, foi cedido ao Terrassa, da Segunda División B, onde disputou 23 partidos.[4]

En 1981 fichou polo Lorca, co que militou durante tres tempadas na categoría de bronce, logrando na última delas o ascenso á Segunda División. Durante a tempada 1984/85 xogou no Atlético Marbella e na 1987/88 no Brigantium.[5]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Racing de Ferrol
Lorca
  1. "Arriba el telón de la liga". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 4 de setembro de 1976. p. 38. 
  2. "Ferrol cede dos jugadores al Barallobre". El Pueblo Gallego (en castelán) (es). 14 de setembro de 1974. p. 17. Consultado o 5 de xullo de 2022. 
  3. "Richard firmó ayer". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 26 de xuño de 1979. p. 41. 
  4. "El ex-racinguista Richard fichó por el Tarrasa". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de outubro de 1980. p. 51. 
  5. "Racing y Brigantium juegan el domingo en Mugardos el tercer partido de pretemporada". La Voz de Galicia (en castelán) (Ferrol ed.). 30 de xullo de 1987. p. 36.