Roque Nublo
Tipo | lugar da descuberta | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Gran Canaria | |||
Localización | ||||
División administrativa | Las Palmas, España | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 1.803 m | |||
Material usado | basalto | |||
O Monumento Natural do Roque Nublo, máis coñecido simplemente como Roque Nublo, é un dos espazos naturais máis emblemáticos da illa de Gran Canaria (Illas Canarias).
Localización
[editar | editar a fonte]Está situado dentro do Parque Rural do Nublo e encóntrase situado no centro xeográfico da illa, sobre terras do municipio de Tejeda, nunha zona moi abrupta. Xunto ao Roque Nublo encóntranse outras formacións rochosas singulares, tales como o chamado Roque del Fraile e La Rana.
Características
[editar | editar a fonte]De orixe volcánica, o roque elévase 80 metros sobre a súa base e 1.813 metros sobre o nivel do mar. Na antigüidade foi utilizado como lugar de culto aborixe. No ano 1987 foi declarado Espazo Natural e en 1994 foi declarado Parque Rural.
O Roque Nublo é a terceira altitude da illa de Gran Canaria, despois do Morro de la Agujereada[1] con 1.956 metros e o Pico de las Nieves con 1.949 metros. Existe un sendeiro cunha camiñada atractiva que leva ata a base do Roque Nublo en aproximadamente 40 minutos. O Roque Nublo é o símbolo por antonomasia da illa de Gran Canaria.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Roque Nublo e vexetación.
-
Roque del Fraile, situado xunto ao Nublo.
-
O Roque Nublo cuberto de bruma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roque Nublo |